A madurez creativa de Jacobo Paz

Os camiños gastados. O pasado que non volve. As cousas malas, as cousas boas. As cousas. A vida que vives e a vida que che tocou. Aquela que buscaches e alcanzaches tantas veces, como nun soño. Os golpes. Tamén os golpes. A loita. A dor e o sorriso. Todo. Nada. Depende de ti. Sempre dependeu de ti.

Por Paco Gallego | A Coruña | 17/06/2012 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

None

Na Coruña conseguiuno todo. Encheu salas como nunca as encheron músicos de nome e renome, esgotou os seus discos e puido compartir escenario con bandas e artistas como, Elephant Band (Xoel López), Australian Blonde, Mercedes Peón, M-Clan, David Civera, Barón Rojo, Burning, Los Deltonos...o que demostra a súa enorme versatilidade, e conseguiu reunir a todo un grupo de fans que o acompañaron a todas as partes durante estes doce anos de carreira cunha fidelidade que xa quixesen para si moitos artistas deses que aparecen e desaparecen do panorama musical ciclicamente.

"Veintitrés"

O novo traballo de Jacobo Paz e a súa banda Dos Mundos é un deses exemplos de madureza creativa que o autor de Buscando Pistas (2000), o seu primeiro e exitoso traballo, e Chico de Marca (2006) -que fora no seu momento o segundo disco máis vendido na Coruña, e para o que contou con Anxo Venacio, guitarrista de Manolo Tena- atrápanos con once cortes auténticos que non defraudarán aos seus fans e que están conseguindo atraer cara ao artista coruñés a todo un novo público.

O impactante Dous Mundos, que abre e pecha o disco, o poderoso La Llama, do que vos ofertamos o seu videoclip oficial, ou o tema que dedicou ao nacemento do seu fillo -nacido precisamente un 23 de maio-, Veintitrés, e que dá título a este o seu terceiro CD, son algúns deles.

None

Para este Veintitrés gravado nos seus propios estudos, Paz&Records, mesturado e pasteurizado por Juan Lameiro e producido polo mesmo Jacobo Paz, contou con algúns dos seus amigos, coñecidos músicos coruñeses, como Julio Béjar, actualmente co seu proxecto YUL, ou Sergio Souto "Geyser" dos Seisenseis. Outras colaboracións interesantes foron as de Pablo Añón ao saxo e Jacobo Torres á batería.

A banda Jacobo Paz & Dos mundos son: Jacobo Paz (guitarras, voz e coros), David Santos (baixo), Juan Folla (batería e coros) e Diego Rois (teclado e coros). Todos eles músicos coñecidos e experimentados.

A imaxe de portada

A transformación musical de Jacobo Paz deixou a súa pegada de forma absolutamente visible na imaxe escollida para a promoción deste disco. Tons cálidos, absolutamente dourados, que nos remiten ao atardecer. E presidiédolo todo, a mirada dun neno, o seu fillo, que xa forma parte da mirada de centos de coruñeses e coruñesas que ao adquirir o disco deciden facerse unha foto completando o seu rostro co dese neno. Toda unha declaración de intencións. O videoclip La Llama encaixa perfectamente en todo este universo de cor, sentimentos e sensacións onde a naturalidade goberna as razóns humanas.

Mosaico de fans posando co novo traballo de Jacobo Paz

Letras

Jacobo Paz escribe as súas propias letras, pero nesta ocasión non puido evitar homenaxear o seu admirado Manolo Tena recollendo a luva do extraordinario Frío, único tema no que renuncia á autoría para deixarlle o protagonismo a Jaime Asua na parte musical e ao propio Manolo Tena na súa letra.

"Algunhas veces pode suceder que tropeces coa mesma pedra dous veces...y non hai xeito de non tropezar. Se te mentes o teu nariz non crece, pero sobe o ego, e crece tres veces máis". TicTac

"A miña vida chea e a miña alma baleira. Eu son o público e o único actor". Frío.

"Porque teño medo a desaparecer, voar co vento como un papel, a sentirme malferido".. Valcobo.

None
None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Jacobo Paz

Muchas gracias ,me representa!!!

1 Coruñés

Estupendo, Jacobo.

1 galiza ceive

esto non, eu gosto das cancións de berrar galiza ceive ou cousas así.