A Xunta, "consciente de que moitas persoas viven soas sen desexalo"

Destaca que xa iniciou un censo de persoas maiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que a Xunta "é consciente de que a día de hoxe aínda existen moitas persoas que viven soas sen desexalo como consecuencia da recente lonxevidade da poboación", por iso é polo que o Goberno galego "xa está a traballar nunha estratexia" para facer fronte a esta problemática.

Dita estratexia inclúe o censo de persoas maiores que viven soas, para o que o seu departamento se puxo "en contacto coa Fegamp e o Instituto Galego de Estatística".

O obxectivo, lembrou este mércores a preguntas dos xornalistas durante un acto en Santiago, é "elaborar unha mostra a partir da cal se poida elaborar un mapa de distribución de todas as persoas que viven soas sen desexalo e poder levar alí os distintos recursos que apoien, animen e coiden a estas persoas maiores, que complementen os que xa existen a día de hoxe".

Este martes, nunha comparecencia no pleno do Parlamento, a conselleira avanzou a elaboración do censo e enfrontouse aos distintos grupos da Cámara para responder tamén sobre a situación laboral do persoal de atención.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a residencia Porta do Camiño.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a residencia Porta do Camiño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta