Temas: MOZAMBIQUE

Falece o xornalista galego Pablo López Orosa aos 34 anos

Cubriu importantes conflitos no Oriente Medio, o Sueste Asiático e América Central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

O xornalista galego Pablo López Orosa, natural de Oza dos Ríos, faleceu aos 34 anos de idade, segundo recolle este sábado a Revista Luzes, de cuxo comité de redacción formaba parte.

López Orosa traballou para Onda Cero e a Axencia EFE, así como foi 'freelance' e colaborador con medios como El País. Tamén foi fundador da revista Achtung! En 2018 publicou o libro 'Fálame do silencio' (Xerais).

A Cadena SER adiantou este sábado que o pasado 31 de outubro regresou dunha viaxe a Mozambique e hai uns días empezou a atoparse mal. Faleceu na tarde do venres.

Na web na que escribía os seus artigos o propio López Orosa daba conta do seu percorrido desde 2013 por Oriente Medio, Sueste Asiático e América Central "contado as ausencias da posguerra iraquí e o conflito kurdo; narrando a morte de linguas milenarias ou o xenocidio da minoría rohingya en Birmania; ou tratando de entender por que en Guatemala a sociedade camiña mirando cara atrás".

Este sábado, multitude de xornalistas mostraron o seu pesar a través das redes sociais e destacaron a súa gran profesionalidade e compañeirismo.

Luzes publicou un texto no que lembra a Pablo López Orosa como un mozo "sonrrinte" e un "excelente" profesional que contaba desde "a vida descosida das mulleres que traballan nos talleres téxtiles do Sueste asiático" ata "a vida periurbana da Coruña". Un xornalista "xeneroso, comprometido e cheo de alegría".

Pablo López Orosa
Pablo López Orosa

Temas: MOZAMBIQUE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta