Décadas de vertidos contaminantes dende as Somozas ameazan o río Mera

Os veciños denuncian que o tratamento de refugallos por parte das empresas SOLOGAS, XILOGA e SOGARISA, "son fonte de fedorentos cheiros, continuas verteduras de lixiviados e augas contaminadas".

Por Galicia Confidencial | | 22/11/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O río Mera leva anos sufrindo vertidos incontrolados, especialmente, polas instalacións de "tratamento" de residuos ubicadas nos polígonos das Somozas. Uns vertidos que teñen sido tamén denunciados e as empresas que os provocan, multadas. Con todo, a situación continúa, a pesar das vertedutas de lixiviados e cheiros que soporta este río.

Contaminación ao río Mero, nas Somozas
Contaminación ao río Mero, nas Somozas | Fonte: Adega

A organización ecoloxista Adega sinala nun comunicado que os veciños xa denunciaron en numerosas ocasións que as operacións de manexo e tratamento de refugallos por parte das empresas SOLOGAS, XILOGA e SOGARISA, "son fonte de fedorentos cheiros, continuas verteduras de lixiviados e augas contaminadas e foco de incendios esporádicos".

Tamén esta entidade ten denunciado en diversas ocasións verteduras procedentes deste polígono, así como operacións irregulares cos refugallos como o vertido de "tecnosolos" nos montes e leiras veciñas incumprindo a lexislación vixente.

Mesmo a Fiscalía Ambiental do TSXG abríu dilixencias informativas que tiveron o efecto de paralisar os vertidos indiscriminados de tecnosolos, obrigando á Xunta a un control máis estrito no manexo destas substancias por parte das empresas xestoras.

Precisamente, e segundo veciños e Adega, esta é a excusa (a dificultade de "colocar" os tecnosolos) que unha das empresas denunciadas, XILOGA puxo para facer acopio nos seus terreos de refugallos sen as debidas medidas de control, que estiveron deitando lixiviados directamente ao medio até chegar ao río Mera.

"Á XUNTA DÁLLE IGUAL"

As continuas queixas da veciñanza e as reiteradas denuncias deron lugar a varios expedientes sancionadores por parte de Augas de Galicia, que remataron en multas moi pouco coercitivas.

Os propios informes de Augas de Galicia recollen que estes feitos veñen acontecendo dende hai anos, "pode dicirse que dende que empezou a funcionar a empresa [XILOGA]". No seu informe recolle tamén os impactos nos ríos Marbán e Mera, este último na Rede Natura, con perda da riqueza piscícola constatada polos pescadores. E apesar diso e dos numerosas denuncias e informes, "as verteduras continúan até o día de hoxe".

"Ao parecer, para algunhas empresas sae moito máis barato asumir o custo das sancións que tomar as medidas precisas para garantir a seguridade ambiental e a saúde da cidadanía. Semella que á Xunta dálle igual o que aconteza portas adentro destas instalacións, mentres os residuos desaparezan da circulación", din desde Adega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta