A Xunta, convencida de que as 200 axudas que dará "animarán" os mozos a instalarse en concellos pequenos

A Consellería dará 200 axudas a menores de 35 anos para adquirir vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A concelleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que as case 200 axudas que a Xunta prevé conceder a menores de 35 anos para adquirir vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes "animarán" aos mozos a instalarse en municipios do rural.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visita a mozos beneficiarios de axudas á adquisición de vivendas en municipios de menos de 5.000 habitantes
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visita a mozos beneficiarios de axudas á adquisición de vivendas en municipios de menos de 5.000 habitantes | Fonte: Europa Press

Vázquez lembrou que o Goberno galego "acaba de ampliar" estas axudas cun orzamento de 600.000 euros adicionais —en total, 1,4 millóns— para atender as solicitudes que se descartaron en primeira instancia por esgotarse o crédito.

A razón deste incremento no orzamento débese, explica a Xunta, a que as subvencións para adquirir vivendas en centros históricos rexistraron "unha baixa demanda", como "cada nova convocatoria que se lanza". "Non sempre son as máis solicitadas, pero serven para pór sobre a mesa posibilidades para os cidadáns", engade o Goberno.

A modo de exemplo, a titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lembrou que esta mesma situación se produciu coas axudas á rehabilitación de casas de mestres, que na primeira convocatoria non superou as dez peticións, mentres que en 2019 —a terceira— pasou as 46.

En todo caso, Vázquez resaltou que as subvencións a mozos en concellos de menos de 5.000 habitantes son compatibles con apoios como á rehabilitación e á 'dedución verde' no IRPF para mellorar a eficiencia enerxética dos inmobles, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta