Por Europa Press / Redacción | LUGO | 19/11/2019 | Actualizada ás 21:06
Representes sindicais de Alcoa en toda Europa analizan en Madrid, entre este martes e mércores, o futuro das factorías da multinacional nun comité europeo coa ameaza sobre os traballadores do recente anuncio de recortes realizado pola dirección da multinacional.
No marco dos traballos previos o comité, tivo lugar unha videoconferencia coa dirección da empresa en Europa e Oriente na que tentaron coñecer os detalles e repercusións do anuncio de recortes realizado pola empresa. Segundo fontes sindicais, a compañía "esquivou dar resposta alegando que as medidas non están decididas".
No entanto, a firma norteamericana si adiantou que na xornada deste mércores dará a coñecer os resultados económicos deste ano e as previsións para o próximo exercicio. Unhas contas que en principio xa comunicou que son "pouco halagüeñas".
A dirección de Alcoa anunciou recentemente recortes e desinvestimentos de activos non estratéxicos, o que espertou o temor dos traballadores, que nas últimas semanas protagonizaron varias mobilizacións.
OUTROS ASUNTOS
Outro asunto que está tamén sobre a mesa é a poxa de ininterrumpibilidade que se celebrará, se non hai cambios, o próximo mes de decembro; sobre ela está tamén previsto que informe o mércores a dirección.
Así mesmo, o 20 de novembro, previsiblemente, os sindicatos van proceder á renovación dos cargos do comité, cuxo presidente actual é precisamente, José Luís Combarro, delegado de UGT en Alcoa San Cibrao, que é actualmente a única planta que ten Alcoa en España, tras a venda das da Coruña e Avilés. A próxima será unha concentración no Concello de Foz, o 4 de decembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.