Ferrol terá o Centro de Excelencia do Sector Naval

As posicións en contra desde o ámbito político, sindical e empresarial motivaron a rectificación do acordo.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 21/11/2019 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

O Centro de Excelencia do Sector Naval (CESENA) que as empresas Navantia e Siemens tiñan previsto instalar en Santiago de Compostela finalmente será instalado na cidade de Ferrol.

Integrantes do Comité de Navantia e da industria auxiliar en Ferrol.
Integrantes do Comité de Navantia e da industria auxiliar en Ferrol. | Fonte: Europa Press

Así o confirmaron fontes de Navantia, que trasladaron que esta decisión "foi tomada de mutuo acordo por parte das dúas empresas", tanto pola compañía naval pública como pola tecnolóxica alemá.

O CESENA é unha infraestrutura deseñada para dar apoio ao proxecto construtivo das futuras fragatas F-110 para a Armada Española, que está previsto acometer nos estaleiros da ría de Ferrol a partir do ano 2022, aínda que a fase de deseño xa se iniciou e este centro servirá para desenvolvese o "xemelgo virtual" destas unidades.

Navantia convocara un concurso público para escoller a unha empresa tecnolóxica para este desenvolvemento, no que Siemens foi finalmente a seleccionada, presentando a multinacional xermana como unha das melloras a instalación en Santiago de Compostela deste cetro de excelencia, aproveitando unhas instalacións coas que conta na capital de Galicia.

Pero unha vez feita pública esta decisión, na cidade de Ferrol comezaron a levantarse voces en contra, primeiro desde o ámbito sindical, para a continuación facelo por parte da clase política, por unanimidade de todos os partidos e gobernantes, así como desde o ámbito empresarial.

Incluso o Concello de Ferrol aprobara na tarde deste xoves unha declaración institucional con esta petición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta