Atropelan a un comerciante de Fene tras evitar que lle roubaran unha minimoto

A Garda Civil busca xa tanto o vehículo como o ladrón que "están perfectamente identificados".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2019 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

Un comerciante de Fene foi atropelado e sufriu diversas feridas tras situarse ante o vehículo dun home que lle acaba de roubar un minimoto e trataba de evitar que escapase do lugar.

O incidente sucedeu sobre as 17,00 horas deste xoves, 21 de novembro, nun establecemento de venda de motos e accesorios, 'Accesorios Frami', situado na avenida Marques de Figueroa 52, en Perlío, na zona urbana de Fene.

Segundo relatou o propio afectado a Europa Press, un home entrou no establecemento e "levou unha minimoto cara a un coche familiar que tiña aparcado na parte de atrás". Foi entón cando o empresario saíu e colocouse ante o seu vehículo, "momento no que arrincou de fronte" e atropelouno, engadiu.

A consecuencia desta acción e das feridas sufridas, o propietario foi trasladado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde foi tratado de "feridas en mans, brazos, xeonllos e cadeiras", mentres que o ladrón emprendeu a fuxida.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, tanto o vehículo como o home que levou a minimoto "están perfectamente identificados" e son agora axentes da Garda Civil, que se fixeron cargo da investigación, "os que están a tratar de localizalo".

A Garda Civil inspecciona un vehículo
A Garda Civil inspecciona un vehículo | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta