O Culturgal reunirá en Pontevedra "grandes nomes" da cultura

O Pazo da Cultura acollerá do 29 de novembro ao 1 de decembro unha nova edición deste encontro cultural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá do 29 de novembro ao 1 de decembro unha nova edición do Culturgal, na que se darán cita "grandes nomes" da cultura de Galicia. Así o destacaron na presentación este venres en Pontevedra do programa completo da feira das industrias culturais de Galicia nunha presentación na que participaron o director da Agadic, Jacobo Sutil; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces.

Presentación en Pontevedra do Culturgal 2019.
Presentación en Pontevedra do Culturgal 2019.

'Dálle unha volta á Feira!' é o lema escollido para este Culturgal 2019, que reparte a súa programación en diferentes escenarios: 'Infantil', con contacontos, baile, talleres ou ciencia, entre outras actividades; o 'Foro' como espazo para presentacións e encontros profesionais; a 'Carpa' para espectáculos cun aforamento máximo de 400 persoas; o 'Libro', o espazo de referencia para o encontro entre autores e público e o 'Cinema', unha sala na que os asistentes poderán atoparse coa produción audiovisual do ano e adiantarse ao que virá. O recinto contará con 85 casetas e haberá outros 18 no Espazo Arte Contemporánea.

A programación dirixida ao público infantil é un punto forte da feira, sinalou o director de Culturgal, que destacou a presenza no programa de "bombazos" como María Fumaça, Mama Cabra, Xoán Curiel, ou a matinal especial de domingo co novo proxecto de Talía Teatro 'Lambetadas' e a instalación na feira dunha "área interactiva" centrada en tecnoloxía e videoxogos, "unha das grandes apostas desta décimo segunda edición", sinalou.

Ademais en 'Culturgal 2019' hai moitas propostas e colaboracións con entidades e profesionais especialmente centrados na accesibilidade e na diversidade.

O Espazo Arte Contemporánea do Culturgal volverá contar co Museo de Pontevedra, o CGAC e a Bienal de Cerveira, tres institucións que traen a súa mellor imaxe á feira.

No caso do cinema, cunha programación coordinada por Agapi, Culturgal 2019 acolle a preestrea de 'Eroski Paraíso', a película de Jorge Coira e Xesús Ron a partir da peza teatral de Chévere do mesmo título, e recibe a Oliver Laxe, que presentará ao público o pase de 'O que arde'.

A 'Carpa' acollerá quince concertos durante o tres días con, entre outros, os novos lanzamentos de Deus Ke Che Crew e Tanxugueiras. Desde a organización destacan como un dos grandes momentos a reunión do grupo Marful tras seis anos fóra do escenario. Será no concerto exclusivo do sábado 30 de novembro e contará coa colaboración de Sabela Ramil, finalista de Operación Triunfo 2018.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta