Detido un mozo por apuñalar dúas persoas, unha delas en estado grave, nunha discusión de madrugada en Santiago

O arrestado ten 23 anos e feriu á altura do corazón a vítima grave.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2019 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo un mozo na madrugada deste venres na Praza de Cervantes, en Santiago de Compostela, por supostamente apuñalar dúas persoas durante unha discusión. Unha delas foi ingresada na unidade de críticos do Hospital Clínico.

Coche patrulla
Coche patrulla | Fonte: Policía Nacional.

Segundo informan fontes da Delegación do Goberno, todo ocorreu sobre as 3,40 da mañá, cando os dous presuntos agredidos se atoparon con tres novos nesta praza do centro histórico.

Foi nese momento cando se inicia unha discusión sen motivo aparente e un dos implicados, un home nado en 1996, esgrimiu un obxecto punzante e apuñalou a outros dous mozos.

Unha das vítimas, informan estas mesmas fontes, sufriu unha ferida á altura do corazón, pola que foi trasladado e ingresado na unidade de críticos do Hospital Clínico de Santiago en estado grave. A outra persoa agredida resultou ferida leve.

Tras o sucedido, os axentes da Policía Nacional personados no lugar dos feitos procederon á detención do mozo como suposto autor do dobre apuñalamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta