A Xunta eleva ao Consello Superior de Deportes a suposta agresión do presidente da UD Ourense a dous xornalistas

O suceso tivo lugar ao termo do partido que enfrontou ao equipo ourensán contra o Somozas no estadio do Couto

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A Xunta, a través da Comisión Galega de Control da Violencia, acordou elevar ao Consello Superior de Deportes (CSD) a suposta agresión a dous xornalistas cometida polo presidente da Unión Deportiva Ourense, José Ramón Dacosta, o pasado domingo no estadio do Couto ao termo dun encontro da Terceira División de fútbol.

Feijóo nomea a José Ramón Lete tras cesar a Marta Míguez
Feijóo nomea a José Ramón Lete tras cesar a Marta Míguez | Fonte: Xunta

Segundo informa a Secretaría Xeral para o Deporte, a decisión foi acordada na reunión de urxencia celebrada este venres pola Comisión Galega de Control da Violencia, que traslada ao CSD a decisión de abrir un proceso sancionador polos feitos

Dous xornalistas denunciaron o pasado domingo sufrir unha agresión física por parte do presidente da UD Ourense ao termo do encontro que enfrontou ao equipo local co As Somozas no estadio do Couto, na capital ourensá.

O club emitiu un comunicado no que sae en defensa do seu presidente e nega os feitos, ademais de cualificar de "informacións falseadas e calumniosas" as versións ofrecidas polos supostos agredidos.

"A Xunta estará sempre atenta a calquera incidente no que se produzan situacións violentas para actuar en consecuencia ou colaborar para que ningún destes casos quede impune. A nosa condena é total a calquera tipo de violencia", asegurou o secretario xeral para ou Deporte, Jesús Ramón Lete Lasa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta