Chega o Nadal... e o percebe furtivo

A Policía Autonómica e Gardacostas interveñen 39 quilos de percebe extraído de forma furtiva na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica e o Servizo de Gardacostas interviñeron 39 quilos de percebe na Coruña en dous dispositivos contra o furtivismo desenvolvidos o 29 de novembro e o 4 de decembro.

Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, o 29 de novembro axentes da Policía Autonómica identificaron a catro persoas que extraían percebe de modo furtivo na zona de Bens.

Froito da intervención, concretou Vicepresidencia da Xunta, tramitáronse catro actas de infracción á Lei de Pesca de Galicia e interviñéronse 13 quilos de percebe, un traxe de neopreno, tres salabardos, cinco rapas e unha mochila.

Posteriormente, o 4 de decembro axentes da Policía Autonómica, xunto con axentes de Gardacostas, localizaron a seis furtivos na zona do Milenium e do Portiño mentres realizaban un dispositivo de vixilancia e prevención.

Neste caso concreto realizáronse seis actas de infracción e interviñéronse 26 quilos de percebe, catro rapas e cinco salabardos, que estaban escondidos entre as rocas, concretaron as mesmas fontes. O marisco comisado foi entregado a unha asociación benéfica da Coruña, mentres que dos útiles intervidos e das actas correspondentes fíxose cargo o Servizo de Gardacostas.

A Policía Autonómica e Gardacostas interveñen percebe extraído de forma furtiva na Coruña.. XUNTA
A Policía Autonómica e Gardacostas interveñen percebe extraído de forma furtiva na Coruña.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta