A Garda Civil, á captura dos borrachos das ceas de empresa deste mes

As dotacións de Ourense incrementarán os controis de alcol e drogas durante estas datas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/12/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense velará pola seguridade dos desprazamentos debido ás comidas e ceas de empresa na época do Nadal, polo que incrementará a vixilancia sobre o consumo de alcol e drogas.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, como en anos anteriores, o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense "realizará frecuentes controis de alcol e drogas".En concreto, indica que os controis "se intensificarán durante as festas do Nadal", co fin de "garantir a seguridade de todos os usuarios das vías públicas e de disuadir a intención de conducir a quen inxerisen alcol ou drogas".

Tamén fixo un chamamento á prudencia dos condutores, para "que se absteñan de conducir o vehículo se tomaron bebidas alcohólicas ou drogas" e lembra a Benemérita que o delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas "atópase recollido no artigo 379 do Código Penal e pode ser castigado alternativamente con penas de prisión de 3 a 6 meses, multa de 6 a 12 meses, ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días". "E, en calquera caso, con privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a 1 e ata 4 anos", apostila.

Ademais, lembra que o cumprimento da normativa de circulación por parte de todos os condutores e usuarios da vía, "incide directamente nunha mellora da seguridade viaria e nun descenso importante dos accidentes". "A diversión non está rifada coa seguridade viaria", conclúe.

Control de alcol establecido pola Garda Civil
Control de alcol establecido pola Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta