Chega un novo temporal costeiro que deixará en situación de alerta laranxa todo o litoral galego

Espéranse ondas superiores a cinco metros de altura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2019 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

A situación de adversidade meteorolóxica permanecerá en Galicia este domingo e un temporal costeiro obrigará a elevar o nivel de alerta de amarela, decretado para o sábado, a laranxa en todo o litoral do territorio.

Temporal no mar
Temporal no mar | Fonte: @ Miguel Núñez

Segundo os datos de Meteogalicia, o fenómeno meteorolóxico no litoral, onde se esperan ondas superiores a cinco metros de altura, dará comezo a partir desta madrugada e estará activo ata as 15,00 horas do luns.

Así mesmo, tamén está activado o nivel de alerta amarela por choivas entre as 00,00 horas e as 06,00 horas, no suroreste e oeste da Coruña, e no interior de Pontevedra, onde se esperan acumulacións de auga superiores aos 40 litros por metro cadrado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta