Temas: FUNCIONARIO

Xunta e sindicatos inician a negociación das convocatorias para a funcionarización do persoal laboral fixo

O procedemento será de concurso-oposición, pero é diferente ao ordinario, posto que non é un proceso competitivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2019 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Xunta remitiu este venres aos sindicatos os borradores das primeiras cinco convocatorias que rexerán o primeiro proceso global de funcionarización do persoal laboral fixo da Administración galega, co "fin de que poidan negociarse nos próximos días".

Funcionario da Administración autonómica
Funcionario da Administración autonómica | Fonte: Xunta.

Este está previsto no Acordo de Concentración Social do Emprego de Galicia, asinado por ambas as partes a principios deste ano, e son prazas incluídas xa na Oferta de Emprego Público (OEP) de 2018 e de 2019 para a súa funcionarización.

Disto informou o Goberno galego, no que explicou que este proceso é de carácter voluntario e que habilita ao persoal laboral fixo da Xunta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira a través dun procedemento selectivo específico.

Estes profesionais seguirán ocupando o mesmo posto de traballo sen sufrir perdas retributivas. A Xunta indicou ademais que o 95% do persoal que cumpre coas características solicitou o ano pasado acollerse á funcionarización.

O procedemento será de concurso-oposición, pero é diferente ao ordinario, posto que non é un proceso competitivo. O obxectivo desta proba non é o ascenso en escala ou categoría, simplemente a transformación voluntaria en funcionarios dos traballadores que xa teñen unha praza fixa na Administración.

Facenda remitiu as convocatorias "en previsión" de que nas próximas semanas se aprobe o decreto regulador do proceso e poder realizar as probas selectivas no primeiro semestre de 2020.

A Xunta sinalou que a finalidade da funcionarización é unificar o réxime xurídico aplicable ao persoal que presta servizo na Administración Pública.

Temas: FUNCIONARIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta