Suspendidas as clases en cinco colexios galegos debido ao temporal

Dous deles manterán a suspensión de clases tamén este venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2019 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Cinco colexios galegos tiveron que suspender as súas clases durante a xornada deste xoves debido a diversos incidentes que causaron as condicións meteorolóxicas adversas.

En concreto, os centros educativos afectados o principio da xornada foron o CEIP Fogar de Carballo (A Coruña), que sufriu inundacións; o IES Castro de Baroceli en Verín (Ourense), por danos que se produciron na cuberta do instituto polos fortes ventos; e no CEIP Sequelo de Marín (Pontevedra), neste caso pola crecida do río.

Así o explicaron fontes da Consellería de Educación a Europa Press, á vez que informaron sobre outra ducia incidencias que se deron noutros colexios de diferentes puntos de Galicia. As inundacións e a obstrución de canlóns provocaron a maior parte delas nos centros educativos.

Por outra banda, as clases tamén se suspenderon a media mañá no IES da Terra Chá José Trapero Pardo de Castro Ribeiras de Lea (Castro Rei, Lugo). O motivo para tomar esta decisión foi "garantir que os mozos puidesen regresar a casa sen problemas". Para mañá, venres, as clases seguirán suspendidas no CEIP Fogar de Carballo e en IES Castro de Baroceli de Verín.

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES

Ademais, a Dirección Xeral de Emerencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por ventos de ata 100 quilómetros por hora durante todo o día na provincia de Pontevedra. Ante estas condicións meteorolóxicas instou á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre durante o día de hoxe nas zonas afectadas.

Aula sen remalar no colexio de Roxos
Aula sen remalar no colexio de Roxos | Fonte: CEIP de Roxos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta