Ferroatlántica asegura que o resultado da poxa de interrompibilidade lle resta competitividade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A poxa de interrompibilidade que se concluíu este xoves situou as empresas electrointensivas "nunha delicada situación para afrontar o primeiro semestre de 2020", denunciou Ferroatlántica, que asegurou que lle "resta competitividade".

Fábrica de Ferroatlántica en Cee.
Fábrica de Ferroatlántica en Cee.

A compañía explicou que vendeu un 50% menos dos dereitos de interrompibilidade que na anterior poxa e que viu como o prezo dos mesmos se reducían nun 90%. "Este escenario aboca á compañía da Costa da Morte a revisar os seus plans de produción de cara ao ano que vén", explican.

"Os programas de produción para o 2020 xa estaban definidos e o resultado da poxa obríganos a revisalos, xa que estimamos unha caída das nosas vendas debido á falta de competitividade no mercado global", indicou a compañía.

Esta "falta de competitividade", denuncian, é debida a que "o custo enerxético creceu un 25% con respecto a 2019, circunstancia que non se deu noutros países da contorna".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta