Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2019 | Actualizada ás 12:26
A Garda Civil detivo este domingo a un home en Sada, sobre o que existía unha orde de procura, detención e personación. Foi localizado semiinconsciente tras tentar fuxir por mar a baixas temperaturas.
A Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña e a patrulla de seguridade cidadá do Posto da Garda Civil de Sada atoparon ao individuo mentres realizaban labores de vixilancia e control de condutores reincidentes pola estrada do Porto da localidade coruñesa.
O home, orixinal de Oleiros, tentou fuxir por mar coa axuda dunha embarcación, facendo caso omiso as ordes das forzas actuantes para que saíse da auga.
Finalmente, a Garda Civil logrou retiralo en estado semiinconsciente debido ás baixas temperaturas e procedeu á súa reanimación.
O individuo foi trasladado por un equipo médico á UCI onde se atopa custodiado por axentes do Instituto Armado ata a súa recuperación, momento no que será entregado ao Xulgado reclamante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.