Divisións no Consello de CxG pola "Syriza galega"

Os ecogalesguistas apostaron por un pacto a dúas bandas con Anova e Esquerda Unida, pacto que foi rexeitado por Máis Galiza e centristas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/09/2012 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O Consello Político Nacional que CxG celebrou este sábado acabou con fondas divisións entre os membros desta coalición. Os ecogaleguistas, tal e como xa adiantara GC, apostaron por aceptar a proposta que Xosé Manuel Beiras lanzou este venres para crear unha gran coalición electoral que inclúa a Compromiso, Anova e EU.

Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)
Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)

Sen embargo, a maior parte dos membros de Máis Galiza e, especialmente, os militantes máis centristas e galeguistas desta fronte rexeitaron una coalición ao xeito de "Syriza" e propuxeron un pacto electoral, pero só con Anova.

Máis Galiza impónse

Segundo as fontes do Consello Político consultadas por GC, finalmente, impúxose a decisión de Máis Galiza. Con todo, a proposta dos ecogaleguistas contou co apoio de independentes de esquerdas e mesmo con algún membro do PNG-PG. O grupo liderado por Xoan Hermida e Manuel Dios analizará nos vindeiros días novas alternativas.

Así, a proposta da Comisión Executiva Nacional a respecto da coalición electoral ofertada á Anova Irmandade Nacionalista foi “nidiamente galega e progresista”. Báscuas apostou por respostas “audaces”, que permitan unha alternativa "realista" ao Partido Popular á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”. Con todo, a proposta de coalición só foi para Anova, non para EU.

Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago
Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago

Programa de mínimos

En todo caso, Bascuas insistiu na necesidade dun programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e  axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”. Do mesmo xeito, e a pesar das datas marcadas polo adianto electoral, Báscuas afirmou que o proceso de elección de candidatos e candidatas, a Convención Nacional de Eleccións Primarias”, “vai para adiante, porque ese foi o noso compromiso e non só falamos doutras formas de facer política, se non tamén as aplicamos”. Un proceso que se concretará o vindeiro 9 de setembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 114 comentarios

31 O Príncipe dos Mouros

Eu tería votado por CxG, porque xa vexo que Báscuas vai en serio con propostas realistas e un discurso dirixido a unha maioría social que lle poida permitir levar o nacionalismo á Xunta (o BNG fai moi ben oposición, pero ten sido absolutamente incapaz de levar o nacionalismo á Xunta); pero cando lin no decálogo (na páxina web) o dos "dereitos do pobo palestino", dixen: Buáh, xa estamos! Outra vez a vaca no millo. Coido que votarei en branco ata aparecer un partido nacionalista socialdemócrata serio :)

1 Rei Brego

"NENE NO GUTA" ...estas feito um partiota do caralho!!!

2 O Príncipe dos Mouros

Eu non sei por que un partido tan novo, socialdemócrata, se ten que posicionar con tanta claridade con respecto a esas cousas, que xa non teñen nada que ver con Galicia. Non queredes un proxecto plural? Menudo proxecto plural! A cousa pintaba ben. Era o camiño do sentidiño, pero...

3 Henriqe

Eu creo que votarei aos de Converxencia XXI, visto o visto. Polo menos teñen as ideas claras e saben de que van. Os de Compromiso fanme dubidas

4 O Príncipe dos Mouros

Eu vou votar en Esquerra Republicana de Catalunya, que son os únicos que encaixan coa miña ideoloxía. Preséntanse na provincia da Coruña?

30 Barbante

Eu votarei polo Partido da Terra: http://www.partidodaterra.net

1 Rei Brego

Adiante; tira o teu voto e afundenos a todos tras da tua parvura

2 Barbante

É melhor que tires o teu. O meu, no PT, irá bem empregado.

3 Calístenes

Todas estas voltas e reviravoltas eleitorais parecem-me lamentáveis. Logo, eu também votarei polo Partido da Terra, que vai trabalhando com passo firme e a modo para mudar este sistema partitocrático e varrer toda a morralha acumulada que temos em cima.

4 aaaaaaaaaag

Eu votarei no BNG porque hai que votar com muito sentidinho, aínda que simpatizo ao 100% como o Partido da Terra

29 TagenAta

Ollo cos yolandistas que si sacan algo son capaces de facer un pacto-pinza co PP como o que fixeron en Extremadura e en centos de concellos españois. Non son moi de fiar.

1 DigoEu

¿O simple feito de non votar polo PSOE é facer pinza co PP? Entón ti es un submarino do gran partido de esquerdas e nacionalista galego chamado PSOE, ¿non si, listiño? Hai que ser un pouquiño tarado para dicir que Esquerda Unida vai pactar co PP. O que fai IU-EU é non dar os seus votos incondicionalmente a ninguén, e moi ben feito. Quen di cousas como as que dis ti quere que gañe o PP, rexeitando a unidade da esquerda e o nacionalismo.

2 PactoPinza

Tarado sería en todo caso o teu paí e ti herdaches os seus xens marchosillo.

28 Olé por vós

Non é ningunha novidade este apoio de IU-Beiras ás touradas en TVE, en IU xa ven de antes: http://www.youtube.com/watch?v=hLY0...

1 O Príncipe dos Mouros

Vaites, non coñecía ese vídeo! Eu son partidario que prohibirmos os touros en Galicia. O touro non é galego. É unha "festa" castelá cavernaria, incivilizada e unha mostra de insensibilidade infrahumana cos animais.

2 Carpo

De que falades, de POntevedra (bastión da UPG)???

3 Manolo_

Carpo: o Concello de Pontevedra NON apoia as touradas, a ver se deixamos de soltar esa parida. O primeiro que se fixo ao chegar á alcaldía foi retirarlles as axudas municipais. Mantéñense co apoio da Deputación, que é cousa ben distinta.

4 Carpo

http://pontevedraantitouradas.org/ Nesta ligazón, mirando os grupos que están en contra das touradas na Galiza, demostrase que a parida maior e a que da lugar esta serie de respostas derivadas da menxase de Olé por Vos. Por certo, cito textualmente o que di a plataforma antitouradas: "3. Ao Concello, o cese do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a declaración de Pontevedra como “Cidade Antitouradas e amiga dos Animais”.Saude

5 anonimo

E en Allariz??

6 aaaaaaaaaag

A Praza de Touros de Pontevedra é privada, não é um espaço público, marchos taurinos espanhois A contar trolas a outro lado. STOP á pinza PP-IU en Extremadura e em todas partes

27 Feitos de Potitos Bledine

Leva a dereita española, sexa absolutista, fascista ou neoliberal gobernando este país dende os tempos de Isabel a Católica,ncando menos. O problema non é o bloque, que son os únicos serios neste ermo, o problema ademáis da brigada de demolición que nos goberna, e outro outro moito máis grave, o problema sodes o resto, a ESQUERDA PAMPEANTE que non dades proveito. Mira si non estaría o pobo galego agora co BNG nunha boa situación, habendo unidade e "irmandade", pero non!, no meio da crise máis dura dos ùltimas décadas, estes maletas veña coa autocritica e veña a poñer paos nas rodas e veña a pampear, enlear e non dar proveito. A vida de Bryan que disque había no BNG e que tanto se falaba, agora se amosa claramente que esa sopa de letras anti Bloque, que non anti PP era a Vida de Bryan e máis seguen a ser, a súa practica o dí.

1 O muiñeiro da Serra

Potitos, iso tiñas que dicirllelo aos "duros" do BNG que pensaron que se podia controlar todo e sempre. Estou de acordo en que o BNG debera ser a forza que hoxe abranguera a todo o nacionalismo de esquerdas, pero...por que non foi así? por qué rincharon as doelas ata que non cuperon dentro da estructura? Non é que non aceptaran uns resultados, é que era o momento de renovarse ao morrer. Morrerian? Xa veremos.