Movementos civís como parásito

Fai anos o tecido asociativo era un terreo fértil, proliferaban asociacións de todo tipo e pelaxe, dende as xuvenís as de veciños, dende culturais a deportivas nas cales o principal movemento era mellorar as condicións de vida da xente. Era un motor de cambio e de avance da sociedade ben consolidado, con referentes e con capacidade de xerar tendencias

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 22/01/2020

Comparte esta noticia

Basta con coller un directorio da Xunta para sorprenderse no teu propio concello da cantidade de entidades que ten Galicia. Nunha rápida radiografía da situación salta á vista que moitas non teñen actividade ou teñen unha actividade nula, mais se cruzamos os datos con facenda vemos que moitas teñen fortes ingresos e manexan bastantes fondos. Esta situación de parálise e absorción de fondos prexudica a iniciativas máis novidosas e menos consolidadas. Para mostra un botón, comentábanme nun concello “que ten un sistema moi xuto de axudas”  de 1.000 euros a todos aquelas asociacións inscritas no rexistro municipal, que un colectivo concreto so facía unha cea ao ano con eses fondos, é isto lóxico? Quen fiscaliza iso? Que xera iso, ademais da ledicia do restaurante de quenda?

Pancarta contra a empresa instalada na antiga mina de Touro-O Pino (A Coruña). REMITIDA
Pancarta contra a empresa instalada na antiga mina de Touro-O Pino (A Coruña). REMITIDA

Existe na clase política local un certo medo á repercusión  e forza dos colectivos que exercían noutras épocas, por iso é mellor este tipo de actuacións que as encamiñadas a promover aqueles que teñen moito dinamismo, é máis doado de xestionar. Pero é iso bo para os nosos pobos e vilas? A falla de compromiso asociativo estase notando na xente nova, que cada vez se decanta por movementos máis globais e se preocupa menos polo avance do local, con todo o que iso trae.

Pero esta situación deriva dunha mala praxes política de fai anos, todos os partidos loitaban por facer política dende os colectivos e aínda o seguen a facer, lembro cando en Lugo quen xestionaba e pedía os fondos veciñais eran as asociacións, nalgún caso  tiñamos máis asociacións que veciños e os enfrontamentos e denuncias eran moi comúns.

É preciso recuperar esa masa social, esa masa cultural, de mocidade e deportiva, que aínda con moitos fallos facía que os pobos avanzasen e as relacións fosen máis humanas, porque esa masa social e critica  organizada e sumando tamén é un corta lumes a extremismos e populismos, non é un tema menor que o primeiro que fixo Abel Caballero foi deixar Vigo sen masa crítica, anulando moitos movementos civís con parasitos, porén iso é moi produtivo para algúns pero moi triste para a sociedade.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA