Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2020 | Actualizada ás 19:04
O portavoz nacional de Anova e deputado de Común da Esquerda, Antón Sánchez, expresou a súa satisfacción pola volta do exalcalde herculino Xulio Ferreiro á primeira liña política despois de que este figure na lista de consenso que asumirá a dirección política de Marea Atlántica.
"Necesitamos moitas mans como as de Xulio", manifestou Sánchez a preguntas dos medios durante a comparecencia de prensa celebrada tras a xunta de portavoces do Parlamento de Galicia. Alí, evitou "interprentar" que o paso dado polo exrexedor evidencie a súa pretensión de dar o salto á política autonómica nas eleccións galegas deste ano. "É unha persoa comprometida e estará disposto a desenvolver as funcións que crean que é máis conveniente", indicou.
Xulio Ferreiro asumirá a área de 'confluencia e cohesión' dentro da marea herculina. Deste xeito, encargarase das relacións co resto do espazo político de face á inclusión de Marea Atlántica nunha candidatura de unidade popular ante as eleccións autonómicas, un papel que exerce desde decembro en Anova o tamén exalcalde Martiño Noriega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.