Galicia impulsa unha unidade de investigación para regular o tráfico de drones en calquera ámbito xeográfico

O Instituto Tecnolóxico de Galicia e Everis presentan Airus, deseñada para garantir a convivencia de drones co resto de tráfico tripulado. Preténdese que "dous drones poidan voar na mesma zona ao mesmo tempo"

Por E.P. | A CORUÑA | 22/01/2020 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Everis Aeroespacial, Defensa e Seguridade (Everis ADS) presentaron este mércores a Unidade Mixta de Investigación (UMI) Airus, deseñada para regular o tráfico de drones en calquera ámbito xeográfico, incluíndo as cidades, e convivindo co resto de tráfico tripulado.

O vicepresidente executivo e responsable da División de Aeronáutica de everis ADS, Juan Bosco, e a directora da División de Sensórica e Sistemas Aéreos non Tripulados de ITG, Analía López, explicaron, en declaracións aos medios de comunicación, os avances desta unidade coa que se pretende que "dous drones poidan voar na mesma zona ao mesmo tempo", algo que a regulación non permite.

"O que presentamos resolve o problema desde o punto de vista tecnolóxico, pero falta o marco regulatorio, no que se traballa a nivel europeo e a previsión é que estea aprobada a final de ano", explicou Bosco, quen avanza que mentres isto non ocorra "non" se vai a "ver a imaxe futurista de drones" prestando diferentes servizos nas cidades.

ADIANTARSE AO MARCO REGULATORIO

Esta iniciativa, impulsada desde Galicia pero aplicable a calquera punto xeográfico, desenvolve a compatibilidade de voo de drones en "un espazo aéreo moi baixo", manifestaron. Para empezar a abordar a regulación de drones en zonas onde voan aeronaves tripuladas, haberá que esperar aos próximos anos. Para o ITG, é un "reto importante" abordar o tráfico de drones e ao mesmo tempo garantir a seguridade das persoas e os edificios.

Dron. CO2 REVOLUTION
Dron. CO2 REVOLUTION

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta