Temas: EMPRESA CAMBADOS

Figrupo adquire o 100% das participacións de Gráficas Salnés

O grupo empresarial galego materializa a operación que permitirá á empresa de Cambados facer fronte a "importantes investimentos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2020 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O grupo empresarial galego Figrupo acaba de adquirir Gráficas Salnés, unha operación que permitirá á empresa de Cambados facer fronte a "importantes investimentos" que lle permitan "consolidar a súa traxectoria e seguir avanzando na transformación tecnolóxica da empresa".

Gráficas Salnés.
Gráficas Salnés.

Segundo informou Figrupo, "o que naceu como imprenta tradicional foi evolucionando cara a unha empresa de innovación, deseño e tecnoloxía, que con este cambio espera ver reforzada a súa presenza no mercado nacional e internacional".

Ademais de abordar todo o servizo de preimpresión e impresión offset, dixital e serigráfica, Gráficas Salnés fornece envases a sectores como perfumaría, farmacia, vitivinícola e de conservas, entre outros. No ano 2018 foi galardoada cunha das distincións máis prestixiosas no mercado das artes gráficas, o premio LiderPack. Ademais, a Xunta de Galicia concedeulle en 2019 o premio á Innovación tecnolóxica dentro dos proxectos de Agader.

Respecto de Figrupo, trátase dun grupo empresarial con forte presenza en Galicia e diversificación en distintos sectores como o náutico, ambiental, inmobiliario, de gasolineiras independentes e de atención a maiores.

Temas: EMPRESA CAMBADOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta