As entradas para o concerto de Alejandro Sanz na Coruña saen á venda este martes

A actuación será o 25 de xuño no Coliseum.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/01/2020 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

As entradas para o concerto que Alejandro Sanz ofrecerá o 25 de xuño no Coliseum da Coruña saen á venda este martes, segundo informou o Consistorio herculino.

Alejandro Sanz
Alejandro Sanz | Fonte: Europa Press.

As localidades poderanse adquirir no Corte Inglés, Eventbrite, no despacho de billetes da praza de Ourense e na páxina oficial do artista www.alejandrosanz.com.

Como novidade, as entradas serán nominais, un procedemento que se irá instaurando paulatinamente nos directos que se programen no multiusos "como medida para evitar actividades mercantís ilegais", explica.

Ademais, será a primeira vez que o Coliseum limitará a catro tickets por compra, nunha operación na que a persoa que as compre terá que facilitar todos os seus datos e estes quedarán rexistrados nas localidades de acceso ao recinto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta