A Rúa tamén sae á rúa para pedir melloras na atención primaria e no Hospital de Valdeorras

A manifestación percorrerá o vindeiro sábado as rúas da localidade e concluirá diante do concello.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/01/2020 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

A Plataforma Sanitaria da Rúa (Ourense) convocou para este sábado, día 1 de febreiro, ás 16.30 horas, unha manifestación para reclamar melloras na atención primaria da zona e no Hospital Comarcal de Valdeorras.

A convocatoria prodúcese tras un ano no que o grupo se concentrou todos os luns ante o Centro de Saúde da Rúa para solicitar a construción dun novo, así como melloras na atención primaria.

Agora, e en colaboración coa Plataforma Sanitaria Valdeorras, decidiron estender as súas protestas a toda a comarca para reclamar, non só un novo centro de saúde na Rúa, se non melloras no hospital comarcal. A manifestación percorrerá as rúas da localidade e concluirá diante do concello.

Manifestación en contra do peche do paritorio no Hospital comarcal de Verín
Manifestación en contra do peche do paritorio no Hospital comarcal de Verín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Moinedero

Agora ven o Moine e pregunta a quén votaron...

1 Isauro Martinez-Cairo

Esta manifestación debería ser una oportunidad para todas las familias al completo para asistir en una CAUSA JUSTA al tratarse de atención sanitaria adecuada para todas las edades y un nuevo CENTRO MÉDICO para uso y beneficio de TODOS sin excepción. Asiste y el día de mañana lo verás.