Temas: RAPOSOS CAZA POIO

O Concello de Poio, primeiro municipio galego en rexeitar os campionatos de caza de raposos

O Concello de Poio foi o primeiro municipio galego en rexeitar de forma institucional a autorización e celebración dos campionatos de caza do raposo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2020 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O Concello de Poio foi o primeiro municipio galego en rexeitar de forma institucional a autorización e celebración dos campionatos de caza do raposo.

Raposo.
Raposo.

A moción foi aprobada este martes en pleno ordinario, co apoio de BNG, PSdeG e Avante, en rexeitamento ás macrocacerías por realizarse sen ningún tipo de censo ou estudo científico previo e sobre este mamífero.

A asociación animalista Libera! destacou o carácter simbólico desta iniciativa, posto que unha destas competicións se desenvolveu na contorna deste municipio pontevedrés.

Así, a asociación avanzou que presentará máis iniciativas noutras localidades, como Pontevedra, ademais das Deputacións provinciais.

Temas: RAPOSOS CAZA POIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ramón Coira Luaces

Xenial! Matar por matar non