Detido un concelleiro do BNG

Trátase de Fernando Varela que na anterior lexislatura tiña competencias en materia de Tráfico e Policía Local na corporación ourensá. O BNG di que se hai unha imputación terá que "abandonar as súas responsabilidades institucionais"

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/09/2012 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O concelleiro do BNG no Concello de Ourense Fernando Varela Parada foi detido este mércores no marco da 'Operación Pokémon', que investiga unha suposta trama de corrupción e subornos en adxudicacións públicas.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG)
Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) | Fonte: terraetempo.com

Na lexislatura anterior Fernando Varela, que permanece detido en dependencias policiais en Ourense, foi o concelleiro responsable de Tráfico e Policía Local, con competencias en materia de guindastre municipal e servizo da ORA.

Na corporación actual ten atribuídas competencias na área de deportes, vivenda pública, rehabilitación urbana, autorizacións de actividades deportivas, potestade sancionadora nas actividades referidas a estas materias, contratación e contratación e modificación de carácter menor de acordo co establecido no orzamento e as súas bases de execución.

O BNG, sen datos

Polo momento, o BNG non dispón de informacións sobre os casos nos que estaría implicado Varela e, agardarán a ter máis datos para tomar unha decisión que podería pasar pola demisión de Varela, posto que os nacionalistas abandonaron o goberno municipal tras a negativa de Francisco Rodríguez, tamén implicado nesta operación, a demitir.

"O BNG, e tal e como sempre practicou e defendeu, mesmo cando lle afecte a un membro da nosa organización, manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando desde sempre: presunción de inocencia no ámbito persoal, e no ámbito político, de producirse unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais, e estamos seguros de que él mesmo tomaría esa decisión", apuntan nun comunicado.

Con todo, os nacionalistas aseguran manter "reservas sobre o procedemento xudicial (detención con incomunicación) por o considerar desproporcionado e pouco respeitoso cos dereitos das persoas".

Con esta detención xa son 16 as persoas detidas no marco deste operativo que afecta a cargos do PP, PSOE e BNG, ademais de a funcionarios, policías e empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 143 comentarios

37 Indignado

Ánimo Fernando!!!, todo se solucionará. Outra xogarreta do PP onde todo vale. Enmerdellar a política.

1 progresía

Repetimos unha pregunta inocente: era a xuiza ou eran os políticos quen levaban as comisións? Insisto: pídelles responsabilidades aos teus!

2 Victorino Nuñez

Canto trincache Fernado.Chegache encher a canada ou verquiche o caldereto a medio encher. Ergue Galiza corrupta!

3 Amoedo

A sorte que tes é que sendo avogado pódeste defender a ti mesmo. Agora que non precisas do cazo deíxamo pendurado da porta do Concello para alomenos botar duas cazadas ao caldeiro.

4 inocente

Non hai que ser hipócritas, pois se están facendo esta redada é porque esta empresa e moitas outras teñen a costume de mandarche regalitos sen que ninguen llos pedira, esta práctica está moi estendida en Galiza, ou non sabemos que moita xente faille regalos aos profesores, aos médicos (Industria Farmaceutica), aos Xuíces etc. E que eu saiba son funcionarios e non deberían aceptalos pois iso é prevaricación en toda regra. Eu coñec´´in fai anos unha representante de Alianza Popular que pedía 200 mil pesetas para que aprobaran opocisións ou postos de traballo nas Diputacións. Isto non xustifica, pero xustifica que ista Xuíza ten duas varas de medir, e se da casualidade que coincide sempre en época electoral, e a balanza declinase cara o PP. Que raro. Como diria un Raro, raro raro.

5 inocente

Non hai que ser hipócritas, pois se están facendo esta redada é porque esta empresa e moitas outras teñen a costume de mandarche regalitos sen que ninguen llos pedira, esta práctica está moi estendida en Galiza, ou non sabemos que moita xente faille regalos aos profesores, aos médicos (Industria Farmaceutica), aos Xuíces etc. E que eu saiba son funcionarios e non deberían aceptalos pois iso é prevaricación en toda regra. Eu coñec´´in fai anos unha representante de Alianza Popular que pedía 200 mil pesetas para que aprobaran opocisións ou postos de traballo nas Diputacións. Isto non xustifica, pero xustifica que ista Xuíza ten duas varas de medir, e se da casualidade que coincide sempre en época electoral, e a balanza declinase cara o PP. Que raro. Como diria un Raro, raro raro.

36 Brown

Unha vez máis se ve a incapacidade e falta de oficio da oposición. Que o PP ía recorrer ás malas artes no caso de ver perigar a poltrona é algo clarísimo, pero enfronte non hai unha estratexia para responderlle nin hostias. Xa pasou en 2009 con aquelas paridas das cadeiras de miles de euros e dos Audis, que por certo, na súa maioría foran adquiridos na época do exministro franquista. Agora o PP tivo que botar man do poder xudicial para que lle salve a papeleta electoral. Aquí temos as consecuencias dunha malchamada transición que non foi máis ca unha fraude para que non permitir que o poder se lles escapase aos que o amarraron durante a ditadura.

1 progresía

Insistimos cunha pregunta inocente: era a xuiza ou eran os políticos quen levaban as comisións? Insisto: pídelles responsabilidades aos teus!

35 Walton

Deixémonos de caralladas. Que a pseudo-xuíza faga as falcatruadas que queira, pero o 21 de outubro, podémos mangarlle unha boa hostia ao partiducho do seu maridiño. Se nos poñemos con liortas entre nós, acaban gañando os franquistas, e iso non lle convén a ningunha persoa de ben, verdade?

34 O vello e o mal

Faime graza o hipócrita de Beiras cando dí que hai unha coalición totalmente limpa. Abó cecais sexa o alzheimer, mais os teus socios de IU están implicados en numerosos casos de corrupción. Intentarei refrescarche a memoria con só un...onde foron os MIL MILLÓNS de euros que os teus socios fixeron voar cos casos de falsos ERES? Comparado co de Chaves e os teus compradores, o de estos é unha esmola.

1 Apuntador

Vaia peixe o tenente de alcalde de Sevilla e candidato a alcaldía por Izquierda Unida mais vicepresidente de MercaSevilla Antonio Rodriguez Torrijos.

33 Coruñes

EStá ben ser crítico pero alguns pasanse de críticos, curioso como manipula o sistema, porque ten esta noticia tantos comentarios? porque algunha xente xa ten o xuicio feito? porque esta fobia antiBNG? amiguiños que o mundo non é tan simple que vos están manipulando? Cal é a base real sobre a que se asenta esta operación?