Cerceda elixe este mércores novo alcalde tras a dimisión de Liñares

No pleno propoñerase ao socialista Juan Manuel Rodríguez.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/02/2020 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

O Concello de Cerceda celebra este mércores o pleno para a elección do seu novo alcalde, tras a dimisión do que fora o seu rexedor, José García Liñares, despois de confirmar a Audiencia da Coruña a súa inhabilitaicón durante oito anos por un delito de prevaricación administrativa.

Segundo informa o Consistorio, o pleno será ás 21,00 horas e nel propoñerase ao socialista Juan Manuel Rodríguez como novo alcalde nunha corporación na que o PSOE conta con maioría. Previamente, tomará posesión de concelleiro Ángel Gestal, número oito do PSOE.

A sesión plenaria celebrarase cumprindo os prazos legais establecidos e co obxectivo de elixir a un novo alcalde tras a dimisión de Liñares, que deixou o cargo despois de 25 anos á fronte da Alcaldía.

O PSOE, con maioría absoluta, proporá a Juan Manuel Rodríguez García como alcalde, veciño de Cerceda de 29 anos e licenciado en socioloxía pola Universidade da Coruña (UDC). Ata a data, ocupaba a área de Benestar. É afiliado ao PSOE desde o ano 2012 e nos comicios do pasado mes de maio foi o número dous.

José García Liñares nun acto en Carral
José García Liñares nun acto en Carral

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta