Absolta unha auxiliar de enfermaría procesada por acceder ao historial médico da súa ex cuñada embarazada

O recoñecemento dos feitos e arrepentimento por parte da inculpada exímea da responsabilidade penal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

Unha auxiliar de enfermaría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) acusada dun delito de revelación de segredos por consultar o historial da ex parella do seu cuñado foi absolta.

O recoñecemento dos feitos e mostra de arrepentimento por parte da acusada e o perdón da ofendida fixeron que eluda o xuízo previsto para este mércores na Audiencia Provincial de Ourense.

De maneira inicial a Fiscalía solicitaba para ela unha pena de tres anos e seis meses de prisión por acceder ao historial médico dunha paciente "co fin de vulnerar a intimidade" desa persoa e que finalmente non terá que cumprir polo acordo entre ambas as partes.

Este acto de intromisión na privacidade produciuse entre febreiro e xullo de 2016, cando a traballadora accedeu ata en sete ocasións ao historial médico dunha muller que estaba embarazada e que ela xa coñecía porque fora parella do seu irmán.

A pesar de que a acusada traballaba como auxiliar de enfermeira na consulta de probas de Dixestivo, "utilizou unha clave persoal" para acceder ao sistema de xinecoloxía e xustificou o acceso dicindo que debía atender á muller, o cal non era certo.

Segundo a Fiscalía, consultou o historial da embarazada "co fin de coñecer o seu estado físico e as condicións de evolución do seu embarazo", sen "desempeñar ningunha actividade profesional" no servizo de Xinecoloxía.

Mulleres nun xuízo
Mulleres nun xuízo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta