Os traballadores de Ferroatlántica inician o luns mobilizacións para esixir "un plan de viabilidade"

Pídenlle á Xunta a que convoque unha reunión a tres bandas. Fontes da empresa din que, desde agosto de 2019, cando a empresa cambiou de propietario, estivo traballando "ao 78% da súa capacidade".

Por E.P. | A CORUÑA | 13/02/2020 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

Os traballadores de Ferroatlántica acordaron mobilizarse "contra os recortes de produción e para esixir un plan de viabilidade", segundo informan. A primeira concentración será o luns, día, 17, na fábrica de Brens, en Cee (A Coruña), e as protestas repetiranse en luns alternos.

As asembleas de traballadores e traballadoras de Ferroatlántica celebradas este xoves nas fábricas de Cee e Dumbría aprobaron por unanimidade o calendario de mobilizacións proposto polo comité "para reclamar o arranque inmediato do forno 13 e retomar a produción normal no resto dos fornos".

Tamén buscan instar a Xunta a que convoque unha reunión a tres bandas (empresa, comité e administración) "na que demandar o plan de viabilidade e que se clarifiquen os termos do contrato de venda", explican.

As concentracións realizaranse diante das instalacións de Brens, a partir das 17, 15 horas. A primeira será o luns, día 17, e a seguinte o luns 2 de marzo. Ademais, o comité tamén remitiu un escrito a Augas de Galicia para que informe "de todos os procesos administrativos que puidese abrir por mor da operación de venda que Ferroatlántica acordou con TPG-Ithaka, tal e como se lle solicitou en reiteradas ocasións", recalcan.

Concentración traballadores Ferroatlántica. REMITIDA - Arquivo
Concentración traballadores Ferroatlántica. REMITIDA - Arquivo

RESPOSTA DE FERROATLÁNTICA

Pola súa banda, fontes de Ferroatlántica aclararon ao GC que desde agosto de 2019, cando a empresa cambiou de propietario, estivo traballando "ao 78% da súa capacidade". "E tras a subasta de interrumpitibilidade, concentrouse o maior volume de actividade nos tramos máis competitivos que son as fins de semana e periodos nocturnos", precisaron.

Ademais, quixeron puntualizar que a empresa está centrada en executar o seu "plan de negocios de 14 millons de euros" en base a catro eixos: "máximo compromiso coa seguridade dos traballadores, exquisito cumprimento da normativa medioambeintal, mantemento dos activos a longo prazo e ser máis eficientes á hora de competir".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta