Localizan o corpo do mariñeiro desparecido nas Ons

Foi atopado nas inmediacións desta illa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2020 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A embarcación Punta Roncadoira dos efectivos da Xunta de Galicia localizou o corpo sen vida do tripulante do pesqueiro afundido o pasado martes nas inmediacións da Illa de Ons, en Pontevedra.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítmo, a embarcación, que participaba no operativo de busca, atopou o cadáver no mediodía deste venres despois de catro xornadas de rastrexo.

Sobre as 13,00 horas deste martes Salvamento Marítimo recibiu o aviso de que a embarcación 'Rosa', con tres tripulantes, envorcara por un golpe de mar ao norte de Ons. Trátase dun pesqueiro con matrícula de Cambados.

Dous dos tripulantes chegaron a nado polos seus propios medios a terra a Ons, desde onde un, o patrón da embarcación, alertou a Salvamento Marítimo.

Helicóptero 'Pesca II' de Gardacostas de Galicia.. SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo
Helicóptero 'Pesca II' de Gardacostas de Galicia.. SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta