A familia de Diego Bello segue á espera de que a autopsia dea luz á súa morte, que investigan autoridades filipinas

Explican que a realizada en Filipinas non foi "esclarecedora" e confían nos resultados da de España.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/02/2020 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

A familia de Diego Bello —o mozo abatido pola Policía filipina o pasado 8 de xaneiro— segue á espera de que a autopsia realizada tras a repatriación do corpo a España "arroxe algo de luz" ao caso, sobre o que as autoridades filipinas están a realizar unha investigación.

Diego Bello, o coruñés asasinado en Filipinas
Diego Bello, o coruñés asasinado en Filipinas | Fonte: Instagram

Este extremo trasladóuselles, segundo precisou Bruno Bello —o irmán de Diego— nunha reunión que mantiveron este venres co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. Nela, informóuselles dos pasos que están a dar as autoridades españolas en relación a este caso.

Sobre o contido do encontro, Bruno Bello indicou que se lles trasladou que por parte dos ministerios de Xustiza e Interior de Filipinas está a realizarse unha investigación da que se espera que poida haber resultados "a finais de febreiro ou principios de marzo".

Respecto desta investigación, dixo que a familia xa tiña constancia dela, tras os requirimentos feitos a este respecto por parte do embaixador e o cónsul en España en Filipinas.

Por iso, dixo que do encontro celebrado este venres queda, sobre todo, co feito de que se lles dixo que por parte do Goberno español "pelexarase e chegará ata o final" con este caso.

"Ninguén se cre a versión policial", asegurou sobre o que se lles transmitiu na reunión e despois de que a Policía informase que a morte de Diego Bello se produciu nunha operación antidrogas e vinculáseselle co tráfico de estupefacientes.

AUTOPSIAS

Sobre as autopsias realizadas ao corpo do seu irmán -—unha en Filipinas e outra en España, tras a repatriación do corpo—, Bruno Bello recoñeceu que coa primeira leváronse "un chasco".

Así, non a considerou "esclarecedora" sobre aspectos como a posible pólvora nas mans, despois de que se apuntase que Diego Bello levaba unha arma, algo que a súa contorna descartou, do mesmo xeito que o que estivese vinculado co tráfico de drogas. "Non temos o resultado que esperabamos", recoñeceu.

Da autopsia realizada en España, explicou que de momento non teñen o resultado, pero insistiu en que confían en que "arroxe algo da luz" sobre a morte do seu irmán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta