Temas: ÓPTICA ENTROIDO

Ópticos galegos aconsellan colocarse as lentes de fantasía de Entroido antes da maquillaxe para evitar residuos nos ollos

Din que "é mellor usar maquillaxe líquida no canto de elementos cosméticos en po".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia recomenda en Entroido colocarse as lentes de fantasía antes da maquillaxe para evitar a entrada de residuo nos ollos. Lembra que o usuario de lentes de contacto "podería ter dificultades no seu uso". 

Tamén sinalan "que é mellor usar maquillaxe líquida no canto de elementos cosméticos en po, que pode entrar con máis facilidade no ollo".

Así mesmo, os optometristas avisan de que se debe ter coidado á hora de aplicar purpurina ou brillantina nos ollos, "que deben estar ben pechados durante a súa aplicación".

Mentres, á hora de desmaquillarte, os optometristas galegos explican que as lentes de contacto "deben sacarse antes de comezar, para evitar que poidan entrar en contacto con algún resto da maquillaxe".

En canto ao resto de complementos, o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia explica que se se usan máscaras, caretas ou antefaces "deben ter a ventilación suficiente para que as lentes de contacto se manteñan ao aire libre e non causen molestias".

Coas pestanas postizas ou perrucas recomenda tamén "extremar a precaución", e no caso das perrucas "colocalas con coidado para que non se introduza ningún pelo nos ollos", engade.

Despois de longas horas de desfiles de Entroido, o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia advirte aos usuarios de lentes de contacto que "lembren quitalas antes de ir a durmir e deixalas gardadas no seu estoxo co seu correspondente líquido de mantemento, e se son desechables diarias non reutilizalas", conclúe.

Temas: ÓPTICA ENTROIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta