Árbores e obxectos caídos na estrada, entre as principais incidencias da borrasca Jorge

Permanece activada a alerta laranxa no litoral, ademais de na montaña luguesa e interior de Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2020 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

A influencia da borrasca atlántica 'Jorge' deixou decenas de incidencias por toda Galicia durante a noite, a maioría caídas de pólas, árbores e obxectos debido aos fortes ventos que sopraron durante horas por todas as provincias do litoral.

A Dirección Xeral de Emerxencias activou a alerta laranxa por vento na Mariña e na montaña luguesa, o interior de Pontevedra, e na Coruña, e por temporal costeiro no litoral coruñés e na provincia de Lugo.

Os fenómenos costeiros e de vento empezaron xa durante as primeiras horas da noite, con refachos do sur e suroeste que chegarán aos 100 quilómetros por hora, mentres que na costa se esperan ventos do suroeste de forza 8 e 9, ocasionalmente.

A central de Emerxencias do 112 Galicia rexistrou preto de 40 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa entre as 21,00 horas do venres e as 09.00 horas deste sábado. En concreto, foron 37 alertas, a maioría nas provincias de Pontevedra e A Coruña, con 22 e 14 incidentes. Os problemas máis comúns foron restos de accidentes, obxectos e caída de pólas e árbores nas vías de circulación, ademais de accións de prevención de riscos.

Os concellos máis afectados foron Vigo e Cangas con 6 e 4, respectivamente, ademais de Cuntis Rianxo, Muros e A Coruña, e Cenlle, onde houbo 1 incidente.

As alturas media das ondas de inverno ao longo da costa atlántica de Europa occidental aumentaron durante case sete décadas, segundo unha nova investigación. TIM POATE/UNIVERSITY OF PLYMOUTH  - Arquivo / Europa Press
As alturas media das ondas de inverno ao longo da costa atlántica de Europa occidental aumentaron durante case sete décadas, segundo unha nova investigación. TIM POATE/UNIVERSITY OF PLYMOUTH - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta