Sinalan posibles "desfasamentos" no censo das primarias de Ciudadanos en Galicia

O candidato da corrente crítica de Cs, Manuel Morgade, presentou un escrito ao comité de garantías para certificar que "todo está correcto" nas votacións nas que Beatriz Pino saíu gañadora.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2020 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

O candidato da corrente crítica de Ciudadanos (Cs es ti) en Galicia, Manuel Morgade, pediu ao comité de garantías do seu partido explicacións acerca dun "desfasamento" entre os datos do censo e das persoas que reflicte a acta da celebración das primarias esta semana na comunidade galega para elixir candidato á Presidencia da Xunta, nas que Beatriz Pino se impuxo.

En declaracións a Europa Press, Morgade explicou que o secretario de Organización do partido lle dixo que non podía darlle o censo pola Lei de Protección de Datos, pero si lle achegou o número de electores por agrupación e sumaban 428 persoas, mentres que na acta despois da votación aparecen 588.

Por iso, presentou un escrito ao comité de garantías para actualizar os certificados de votos para controlar "que todo está correcto" porque cre que "as votacións telemáticas son menos fiables que as presenciais".

O resultado das votacións situou á candidata oficialista Beatriz Pino como gañadora da consulta ás bases do partido por só 16 votos de diferenza. O propio Morgade xa a felicitou e recoñeceu que como este luns conclúe o prazo para presentar candidaturas para as eleccións do 5 de abril, descoñece como se podería solucionar se se demostra que houbo "algo raro" nas votacións das primarias.

Acerca das candidaturas, apuntou que intercambiou mensaxes con Beatriz Pino, pero admitiu que non falaron da configuración das listas e que polo momento non se produciu unha negociación para integrar aos seus partidarios.

A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, en rolda de prensa.. CIDADÁNS
A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, en rolda de prensa.. CIDADÁNS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta