O Concello da Coruña promove diversos actos para "romper con estereotipos" no Día da Muller

Inés Rei asegurou que está a impulsar unha rede con Benestar Social que engloba a bibliotecas, instalacións deportivas e culturais ou centros cívicos "onde a cultura se presenta nos seus distintos formatos para traballar dunha forma lúdica e en grupo os valores que farán que avancemos como cidade e sociedade".

Por E.P. | A CORUÑA | 04/03/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña impulsará diversos actos para "romper con estereotipos" con motivo da conmemoración o próximo 8 de marzo do Día Internacional da Muller. A alcaldesa, Inés Rei, e a concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentaron, en rolda de prensa, o programa de actos, que este ano levan por lema 'Fomos, somos seremos...eu son o cambio".

Na presentación, Rei sinalou que "para ser cambio en primeira persoa, fai falta romper con estereotipos de subordinación" que se atribúen ás mulleres en cuestións de destreza física, liderado ou emprendimiento.

Ademais, dixo que o concello está a impulsar unha rede con Benestar Social que engloba a bibliotecas, instalacións deportivas e culturais ou centros cívicos "onde a cultura se presenta nos seus distintos formatos para traballar dunha forma lúdica e en grupo os valores que farán que avancemos como cidade e sociedade".

Pola súa banda, a concelleira Yoya Neira agradeceu a presenza de edilas da Corporación no acto "porque se hai algo que nos iguales que todas somos firmes defensoras do traballo que aínda queda por facer nesta materia", expuxo. Mentres, explicou que a programación tocará diversos ámbitos con talleres como 'Conversacións para o cambio social', dirixidos sobre todo á poboación xuvenil. Tamén hai organizadas exposicións, obras de teatro e un ciclo de cinema.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, xunto a concelleiras da Corporación na presentación dos actos do 8 de marzo. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, xunto a concelleiras da Corporación na presentación dos actos do 8 de marzo. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta