Por E.P. | A CORUÑA | 09/03/2020 | Actualizada ás 17:24
O vicesecretario xeral do PSdeG e cabeza de lista pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas, Pablo Arangüena, acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o ex presidente do goberno, Mariano Rajoy, de "non facer absolutamente nada" nos últimos 10 anos para impulsar o saneamento da ría do Burgo.
Así o trasladou nunha rolda de prensa, na Coruña, na que sinalou que o actual Goberno será "o que leve adiante o saneamento" da ría coruñesa. En concreto, afeoulle a Feijóo que "non teña posto nin vaia pór un céntimo de euro para sanear a ría do Burgo" a pesar das competencias da Administración autonómica.
Por outra banda, sinalou que a licitación do proxecto de saneamento comezará "tan pronto como reciba o informe que ten que emitir a Xunta". "E esperamos que nos próximos meses poidan comezar os traballos", incidiu a este respecto.
Na súa comparecencia, tamén censurou a Feijóo por "non existir neste catro anos" para A Coruña. "E apenas nos 11 que leva no goberno, cun compromiso investidor inexistente", sentenciou en referencia ás actuacións do Executivo galego na cidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.