Temas: CORREOS

Correos prescinde de tres unidades en Galicia pero asegura que non afectará os postos de traballo

UGT reclama unha reunión coa dirección de Correos para aclarar a situación

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2020 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Correos prescindirá de tres unidades de traballo en Galicia: dous de tratamento postal na Coruña e Pontevedra e unha terceira, dedicada ao tratamento local, en Vigo. Así o confirmaron este luns fontes de Correos, que aseguran que esta decisión, que encadran nun contexto de descenso no negocio, non suporá despedimentos nin afectará o servizo.

Pola súa banda, o sindicato UGT reclama unha reunión urxente coa dirección de Correos para alcarar a situación, que afecta tres centros nos que traballan 20 persoas.

Nunha resposta, Correos nega que "se pechen instalacións ou centros" e afirma que se trata dunha reorganización deste tres unidades "co obxectivo de ser máis eficientes e optimizar recursos materiais e humanos".

"Coa evolución do mercado postal e de paquetería dos últimos anos e as novas redes loxísticas, este tipo de unidades foron perdendo actividade, polo que en 2014 decidiuse ir prescindindo destes centros que teñen un papel practicamente residual e de apoio a outras unidades de traballo", asegura a empresa pública.

Deste xeito, sostén que os traballadores destas unidades integraranse noutras "mantendo sempre a mesma cidade e tarefas inherentes aos seus postos de traballo actuais".

Temas: CORREOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta