Tensión na Xunta polo coronavirus: Educación pide á Policía que desaloxe os sindicatos do profesorado

A Consellería de Educación a criterio do profesorado a asistencia ás aulas dos profesionais. As novas instruccións foron elaboradas nunha reunión da Consellería para a que non foron chamadas as forzas sindicais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/03/2020 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, logo dunha reunión esta mañá á que non foron chamadas as forzas sindicais con representación na mesa sectorial, publicou na súa web as novas instruccións para os centros educativos.

Representantes sindicais na Consellería de Educación
Representantes sindicais na Consellería de Educación | Fonte: CIG

Os novos puntos foron entregados aos representantes sindicais que se desprazaran ás instalacións da consellería que dirixe Carme Pomar. Nalgúns centros, sobre todo os que teñen un claustro menor, poderán atender o alumnado de maneira telemática. Os centros con claustro amplo de profesores, o equipo directivo poderá decidir o número de profesionais que poden quedar no centro.

OS SINDICATOS ACUSAN DE INSUFICIENTES AS MEDIDAS DE EDUCACIÓN

A Consellería redactou unhas novas instruccións que os sindicatos consideran unha rectificación da Consellaría "froito da presión exercida polo persoal docente nos centros, que hoxe aprobou numerosas resolucións de claustro negándose a ter que asistir aos centros para non ser foco de contaxio".

Desde CIG Ensino, esta acción da Consellería contrasta totalmente coa evolución dos acontecementos que levou a que "o goberno do Estado se plantexe decretar o estado de alarma" e a que hoxe mesmo a Consellaría de Sanidade decretase a recomendación de “illamento social” para toda a poboación galega.

O sindicato apunta que a única “escusa” que podía existir para manter abertos os centros era que "este período de corentena coincide co prazo de admisión" nos centros educativos, pero nas propias instrucións ditamínase que se vai "prolongar unha semana máis despois de que se reanude a actividade lectiva".

NON DEIXAR O "MARRÓN" PARA AS DIRECCIÓNS

As medidas aplicadas pola Xunta están a xerar unha sonora crítica entre a práctica totalidade da comunidade educativa. O director do IES de Mos foi un dos primeiros en trasladar o seu rexeitamento a obrigar aos profesores a permanecer nos centros durante o peche temporal de 14 días, unhas medidas que non pode "compartir nin entender" tanto por ser "contraditorias" como "incoherentes" co obxectivo de limitar un posible contaxio.

Ao mesmo tempo, trasladou a súa "protesta formal máis intensa" por non informar de maneira oficial tanto desta medida como da suspensión das actividades coa antelación suficiente para adoptar medidas eficaces ante unha situación "de enorme gravidade".

Diferentes claustros, como o do CEIP de Viñas de Poio, emitiron resolucións contrarias a esta obrigación, instando a saír de casa "soamente para o imprescindible para evitar contaxios innecesarios"-.

Francisco Lires, da Federación de Directores de Centros Públicos, Francisco Lires, advertiu de que o Goberno "ten que ser máis drástico" e non deixar "o marrón para as direccións", unha decisión que adoptaron "tras a presión de asociacións, directores e sindicatos" tras o "sen sentido" das ordes iniciais.

A pesar diso, advertiu de que os centros non dispoñen de "plataformas nin conexións adecuadas" para efectivizar as intencións da Consellería para manter o ritmo da actividade lectiva, o que podería demais provocar situacións "discriminatorias" para o alumnado que careza de medios tecnolóxicos. "Farase o que se poida", recoñeceu.

CHAMADA Á "RESPONSABILIDADE"

Diferentes confederacións de ANPA tamén emitiron comunicados para chamar á "responsabilidade" da Consellería á hora de realizar unha comunicación adecuada de todas estas actuacións, sobre todo ao tratarse de medidas que afectan "directamente á conciliación" tanto das familias como dos docentes e os equipos dos centros.

Así mesmo, desde Confapa-Galicia reclamaron medidas laborais e económicas para a protección dos traballadores, sobre todo tras a suspensión de actividades que terá "un custo que afecta directamente as empresas e empregados que ofrecen servizos ás asociacións de pais.

Desde Anpas Galegas insistiron, ademais, en que as clases a distancia non serán posibles "dun modo xeneralizado", e solicitou que se apliquen medidas de conciliación para todas as actuacións que se farán efectivas a partir do luns.

DESALOXO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Os representantes das catro forzas sindicais con representación na mesa sectorial de educación acudiron á Consellería ao saberen dunha reunión de altos cargos do departamento que dirixe Carme Pomar. A dita reunión non foron chamadas as forzas sindicais que se personaron alí para pedir explicacións tras a decisión do peche dos centros escolares e universitarios.

As mesmas forzas sindicais avisaban de que as medidas en si eran inconsistentes, pois ao profesorado se lle estaba pedindo que acudise aos centros de ensino. “Entendemos que esta é unha reunión diante da cantidade de críticas que recibiron as medidas da Xunta e cremos que dentro dunhas horas pode haber algunha rectificación” di Suxo Bermello de CIG Ensino en declaracións ao GC.

Os sindicatos reivindican estar nesa mesma reunión como parte interesada do sector para consensuar directrices que se tomen. “Desde logo nós pedimos que o profesorado, baixo ningún concepto teña que acudir aos centros de traballo” di Bermello.

Sobre a intención de obrigar ao profesorado a presentarse nos centros de ensino, Suso Bermello cre que se trata de “teimosía, estupidez, cando hai comunidades autónomas que lle din ao seu profesorado que non asistan”.

Por outra parte, considera que se o profesorado, sobre todo onde o claustro de profesores sexa numeroso, o pico de coronavirus que se espera para as vindeiras semanas, obrigraría a pechar centros por de tres ou catro semanas, estiman.  “É unha irresponsabilidade, ademais, nas directrices que se deron onte desde a Consellería, había unha total disccrepancia coas que se dán hoxe no DOG”.

Nin a conselleira Carme Pomar, nin outros membros do departamento de Educación acodiron a recibir aos representantes sindicais. Mais si se presentou a policía para pedir a identificación das persoas asistentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta