A Xunta recoñece que o pico de coronavirus vai seguir subindo pola xente que veu de fóra

Atribúe este feito aos movementos de xente nos últimos días procedentes doutras autonomías, especialmente, Madrid. Con todo, Feijóo dixo que eles non son "responsables" por moverse.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Galicia aínda non chegou ao seu peor momento polo contaxio do coronavirus. "Estamos na metade de incidencia de España pero non significa que non teñamos incremento de contaxios", dixo este domingo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Virus gripe. CSIC - Arquivo
Virus gripe. CSIC - Arquivo

Así, confirmou o gran incremento de casos que se deron desde o pasado venres. "O pico de contaxio vai seguir subindo porque o número de persoas que se moveu nos últimos días pois agora é máis vulnerables, aínda que agardo que a confinación nas casas reduza iso dos que viñeron e dos que están aquí", dixo en alusión á xente procedente doutras autonomías, principalmente Madrid.

Con todo, Feijóo evitou responsabilizalos a eles desta situación porque dixo que non eran conscientes. En relación a este pico, tamén destacou que o Sergas ten a disposición créditos para contratación de persoal e calquera servizo sanitario que precise pode contratar persoal. Por iso, non agardar que remate o persoal residente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

1 CastelaoPaSogama

A ver si somos serios. El responsable de una enfermedad infecciosa es el patógeno que la produce, no el huésped ¿Hay que estigmatizar a los pacientes de coronavirus? Huyeron de Madrid para no contagiarse, pero vinieron contagiados. Que se recuperen. No son responsables de nada.

1 aldabanea

Cada un de nós é responsable DE NON CONTAXIAR AOS DEMAIS. E non hai lugar ao que fuxir, salvo a casa de cada un. Non hai fronteiras nin territorios inmunes. O único que fixeron foi extender o virus.