Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2020 | Actualizada ás 10:00
As redes sociais ferven de iniciativas e brincadeiras para facer fronte a estes días de corentena e que sexan máis lixeiros de levar. Os usuarios tiran de humor ou collen a música por banda e, claro, saen marabillas coma estas...
A muiñeira do coronavirus. A rianxeira Sabela Galbán vén de compoñer unha peciña dun minuto que xa deu a volta ao país. Suma no Facebook máis de 44.000 visualizacións e 2.000 compartidas. Todo un éxito do que a súa autora xa é consciente: "A muiñeira é un minuto de brincadeira, mais o que digho, díghoo ben en serio. Se vos prestou e vos tirou un sorriso nestes días, contenta quedo! Como di o Leo Arremecághona: aghora non é miña, é do pobo!", escribe nas redes sociais. A letra non deixa ninguén indiferente. Escoita, escoita!
O cativo que explica aos da cidade o que son as berzas. Nestes días nos que escasea o papel hixiénico nos supermercados, non vén mal buscar outras alternativas por se acaso quedamos sen el. E diso se encargou este rapaz, que botou man dos recursos infinitos do rural para explicar un método ben particular e que xa se tivo usado moito no caso de non ter papel. Tranquilos todos, que habendo berzas, nada pode saír mal. Atende, sobre todo se es dos que "arrasa" con este produto cando vas facer a compra.
Única mensaxe institucional que vou aceptar. Quédome co "gracias" final😂 pic.twitter.com/811btHs2tP
— Мартин (@MartinSorga) March 17, 2020
Hai mesmo quen decide plantar rollos de papel hixiénico, a ver se é que así se reproducen...
Os conxeladores cheos das aldeas. O alfocense Andrés Vidal tamén tira de humor nestes días de confinamento. "Vouvos ensinar a onde imos ao supermercado os que vivimos no mundo rural...", comeza dicindo. E nisto, abre un conxelador cheo ata o tope de bolsas do Gadis. "Que queremos un pito? Collemos unha bolsa de pito. Que queremos cocho? Pois collemos unha bolsa de cocho...". Un vídeo auténtico que xa supera as 22.000 reproducións e onde tampouco deixa pasar a chegada de foráneos que veñen vivir estes días de corentena ao rural. "Eu penso que cada un tiña que quedar na súa casa", reivindica Vidal.
A ritmo de reggaeton. Unha moza lucense decidiu versionar a coñecida canción Tusa, de Karol G e Nicki Minaj, para concienciar a sociedade da importancia de quedar na casa e cumprir co confinamento establecido. "Non me tusas ao carón e por favor lavade as mans. Na casa tamén podes perrear", reivindica na súa versión, que xa acumula máis de 3.000 reproducións no pouco tempo que leva publicada. Nesta peza do Lugo Xornal podes coñecer máis detalles desta orixinal proposta contra o aburrimento. E se queres ver como soa, preme entón aquí abaixo:
View this post on Instagram
A post shared by Xeila Juanes (@taxagaro) on
Agobios por tanta iniciativa. E cando descansamos?. Camiño dos tres millóns de visualizacións vai estoutro vídeo no que o humorista mallorquín Pepe Demi analiza como a sociedade está afrontando estes días de retiro por mor do coronavirus. “No día un xa había iniciativas para xogar ao bingo, para facer trapecismo e puenting pola ventana… Se o día un me estades ofrecendo todo isto, que me ides ofrecer o día 10?”, pregúntase preocupado. Coa axuda dun encerado, Demi vai explicando aquí as súas divertidas teorías...
Aquí tenéis el vídeo original! Estamos creando unas expectativas muy altas... pic.twitter.com/hivu9wSkoA
— Pepe Demi (@SrPepeDemi) March 16, 2020¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- (Vídeo) Praias paradisiacas en Galicia: o areal de 3 quilómetros ao que o turismo masivo aínda non chegou
- Municipios galegos buscan socorristas ante a falta de cobertura do servizo nalgunhas praias: "Hai déficit"
- Un conato de incendio en Chandebrito revive nos veciños os recordos dos lumes de 2017
- 87 mortes pola calor en mes e medio, Galicia lidera o ranquing do Estado
- 7ª edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte' coa participación de 30 adegas
- Case 100 hectáreas queimadas nos lumes de Carballeda de Valdeorras e de Chandrexa de Queixa