Chega a primavera sen que, polo momento, se poida gozar dela

Arrinca a primavera que deixará unha eclipse lunar e dúas choivas de meteoros. O vindeiro domingo 29 adiantarase a hora.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 20/03/2020 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

A primavera de 2020 comezou ás 4.50 horas (hora oficial peninsular) deste venres e durará 92 días e 18 horas, dando fin o 20 de xuño co comezo do verán. Durante esta estación producirase o cambio de hora e poderase ver unha eclipse de Lúa. Unha primavera atípica que os galegos non poderán gozar, cando menos, nas vindeiras semanas, debido o estado de alerta.

Esta primavera deixará, o 5 de xuño, unha eclipse penumbral de lúa que será visible en Europa (incluída España), África, Asia e Australia. O inicio da eclipse de penumbra terá lugar ás 17.48 horas UTC (18.48 horas en España) e será visible en Oceanía, Asia e África oriental. A eclipse terminará ás 21.04 horas UTC (unha hora máis tarde na Península Ibérica), sendo visible nas súas últimas fases en Oceanía occidental, Asia, Europa, África e o extremo oriental de Sudamérica.

Ademais, como toda época do ano, produciranse varias choivas de meteoros. As dúas máis importantes da primavera serán as Líridas e as Eta Acuáridas. Segundo o Observatorio Nacional de Astronomía este 2020 será un ano "excelente" para a observación das Líridas, xa que o seu momento de máxima actividade (cara ao 22 de abril) será un día antes da lúa nova (o novilunio terá lugar o día 23 de abril). Pola contra, 2020 será un "mal ano" para a observación das Eta Acuáridas, xa que a Lúa, que estará chea o día 7 de maio, dificultará a observación da choiva de estrelas no seu máximo, que se dará o 6 de maio.

Doutra banda, a primeira lúa chea da primavera darase o 8 de abril, dándose as seguintes 29 ou 30 días despois. Nesta primavera daranse outras dúas lúas cheas: o 7 de maio e o 5 de xuño. Tamén pola noite poderanse ver algúns planetas. Ao amencer serán visibles Marte, Saturno e Xúpiter e, desde mediados de xuño, Venus. Á noitiña será visible Venus ata finais de maio.

CAMBIO DE HORA

Do mesmo xeito, como é habitual, o horario de verán dará inicio o último domingo de marzo. Así, ás 2.00 horas da madrugada (hora peninsular) do domingo 29 de marzo, adiantarase o reloxo ata as 3.00 horas. Ese día, por tanto, terá oficialmente unha hora menos.

Nestes momentos, o Parlamento Europeo está a debater a posibilidade de eliminar os cambios de hora a partir de 2021. Aínda non hai unha decisión firme, pero é moi posible que nun futuro próximo na Unión Europea non se volva a cambiar de hora na primavera e outono.

Lúa chea. Henning Kaiser/dpa - Arquivo / Europa Press
Lúa chea. Henning Kaiser/dpa - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta