Acto en apoio aos traballadores de El País Galicia

O artista Tony Lomba, a cantante Uxía, o escritor Suso de Toro, o músico Julián Hernández e o xornalista cultural Alfonso Pato estarán a carón dos asalariados da delegación galega do diario de Prisa nun acto convocado mañá na Praza Roxa de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/11/2012 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Os traballadores e colaboradores da delegación en Galicia do diario El País celebrarán mañá 6 de novembro un acto en Santiago de Compostela para defender a necesidade de que o periódico recupere a cobertura informativa na comunidade logo da supresión do caderniño de oito páxinas e do suplemento cultural Luces.

O artista Toni Lomba, en apoio á edición galega de El País
O artista Toni Lomba, en apoio á edición galega de El País

O acto terá lugar na Praza Roxa e nel estarán presentes os traballadores da delegación galega de El País. Instalarase un posto de información aos cidadáns para que se unan á reivindicación perante os responsables do xornal en Madrid.

Acto lúdico-reivindicativo

Ás  11.30 horas celebrarase un acto no que, amais de actuaren o artista Tony Lomba e a cantante Uxía, intervirán o escritor Suso de Toro, o músico Julián Hernández, o xornalista cultural Alfonso Pato, un lector e dúas estudiantes de Xornalismo.

A mobilización coincide co primeiro dos tres días de folga convocados polo comité de empresa de El País contra o ERE presentado pola dirección da compañía que prevé o despedimento de 149 traballadores do diario en toda España, entre eles oito dos doce que conforman arestora a plantilla da delegación en Galicia.

A protesta viralízase na rede

Son xa varios os persoeiros e xentes do mundo da cultura e da comunicación do país que están amosando o seu apoio aos traballadores de El País, algúns deles a través de vídeos colgados en Youtube. Velaquí algúns deles:

Fernando González 'Gonzo'

Tony Lomba

Eladio dos Santos

Carlos Blanco

Pedro Feijoo

Manuel Cortés

Tamén se abriu un blog para informar sobre todo o que acontecede arredor deste ERE na delegación galega de El País: http://queremoselpaisgalicia.blogspot.com.es.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

8 Sra. de Fernández

Parafraseando aos da memoria histórica cando morreu Fraga: ¡Obituario con hurras! Non se perde nada bon, senón pura demagoxia como a que facía a Sra. Obelleiro.

7 Larson

Non só La Voz ou El País, outros medios máis humildes como Radiofusión leva catro meses sen pagar aos seus traballadores e ven de despedir a tres deles sen un can

1 G. Liñares

Os traballadores da radio son os peor pagados do setor da comunicación e, pola contra, as súas grandes figuras son as mellor pagadas. As radios, seguidas das canles de TV, rexistran os contrastes máis grandes, cunha "clase alta" millonaria e moitos salarios de fame.

6 Mantiña

Estou seguro que no próximo artigo Manuel Rivas poñerá a parir a Cebrián e Beiras a Santiago Rey cando o entrevisten en V ou la Voz de Galicia. Jua,jua,jua. Estes dous rinse de nós e hai que decir que son simpáticos

5 Despedidos de La Voz

Os despedidos de La Voz agrupados arredor de ExVoz tamén UEREMOS EL PAÍS-GALICIA, e sentimos unha sinceira ledicia ao comprobar que os problemas laborais e persoais dos traballadores de E País-Galicia contan coa comprensión e o apoio de moitos galegos. http://exvoz.canalblog.com/archives...

4 Xurxo Lastres

Eu pregúntome porque ninguén move un dedo polos xornalistas e traballadores que están a despedir da Voz, aínda que tamén é lóxico porque os propios traballadores da Voz nada están a facer na contra dos despedimentos. Hai despedidos da Voz que tamén abriron un blog pero nengún artista nin nengún membro da intelectualidade galega se manifestou e, pola contra, os problemas laborais dos traballadores dun xornal de Madrid si teñen galegos que saen a defender os seus empregos. Galicia é moito.

1 X. X. X. (xornalista da Voz)

Porque este é un país de cainitas, probad7 dilo é que á maioría dos traballadores da Voz lles importa ben pouco que despidan xente e só miran de que non lles toque o premio.