Acto en apoio aos traballadores de El País Galicia

O artista Tony Lomba, a cantante Uxía, o escritor Suso de Toro, o músico Julián Hernández e o xornalista cultural Alfonso Pato estarán a carón dos asalariados da delegación galega do diario de Prisa nun acto convocado mañá na Praza Roxa de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/11/2012 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Os traballadores e colaboradores da delegación en Galicia do diario El País celebrarán mañá 6 de novembro un acto en Santiago de Compostela para defender a necesidade de que o periódico recupere a cobertura informativa na comunidade logo da supresión do caderniño de oito páxinas e do suplemento cultural Luces.

O artista Toni Lomba, en apoio á edición galega de El País
O artista Toni Lomba, en apoio á edición galega de El País

O acto terá lugar na Praza Roxa e nel estarán presentes os traballadores da delegación galega de El País. Instalarase un posto de información aos cidadáns para que se unan á reivindicación perante os responsables do xornal en Madrid.

Acto lúdico-reivindicativo

Ás  11.30 horas celebrarase un acto no que, amais de actuaren o artista Tony Lomba e a cantante Uxía, intervirán o escritor Suso de Toro, o músico Julián Hernández, o xornalista cultural Alfonso Pato, un lector e dúas estudiantes de Xornalismo.

A mobilización coincide co primeiro dos tres días de folga convocados polo comité de empresa de El País contra o ERE presentado pola dirección da compañía que prevé o despedimento de 149 traballadores do diario en toda España, entre eles oito dos doce que conforman arestora a plantilla da delegación en Galicia.

A protesta viralízase na rede

Son xa varios os persoeiros e xentes do mundo da cultura e da comunicación do país que están amosando o seu apoio aos traballadores de El País, algúns deles a través de vídeos colgados en Youtube. Velaquí algúns deles:

Fernando González 'Gonzo'

Tony Lomba

Eladio dos Santos

Carlos Blanco

Pedro Feijoo

Manuel Cortés

Tamén se abriu un blog para informar sobre todo o que acontecede arredor deste ERE na delegación galega de El País: http://queremoselpaisgalicia.blogspot.com.es.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Hermerico

Quanto colaboracionista aparece para dar umha mao à imprensa da direita "cool" espanhola.

2 Xornalista

Ti ou non les o GC ou es un troll. Este medio leva anos informando de todo o que pasa nos medios de comunicación. Precisamente por iso o veño consultar diariamente. E non son dos afectados do País. A min xa me tocou no seu día no Faro.

1 F. S. G.

Subscribo o que din Xornalista. CG informa, outros calan.

1 Xián

De verdade que non entendo moito isto. Cando non estades unha semana coa Voz a voltas, estades co País. Nin que non houbera máis xornais en Galicia! Por que non falades da situación pola que están atravesando outros, dende logo moito peor e nalgún caso crítica, e que nunca aparecen citados? E creo que non é necesario dar nomes.