Feijóo di que o 9% dos sanitarios están contaxiados, pero que algúns foi por "viaxes a Madrid" ou por familiares

Recoñece que hai "tensións permanentes" por falta de material.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O número total de profesionais sanitarios afectados polo coronavirus na Comunidade galega ascende a 125 --incluídos médicos, traballadores de enfermaría e outro persoal--, o que supón o 9% dos casos activos.

Así o ratificou a Xunta despois da comparecencia 'en liña' ante os medios do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen proporcionara o dato do 9%, inferior á porcentaxe de persoal contaxiado, con respecto ao total de casos activos, no conxunto de España.

Feijóo, nunha reunión cos conselleiros de Política Social e Sanidade, entre outros dirixentes, fronte á crise do coronavirus. Xunta de Galicia
Feijóo, nunha reunión cos conselleiros de Política Social e Sanidade, entre outros dirixentes, fronte á crise do coronavirus. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Con todo, Feijóo restou responsabilidade destes contaxios á súa práctica profesional, senón que algúns forna de viaxe a Madrid ou se viron afectados polo Covid-19 por mor da visita de familiares procedentes da capital española.

Preguntado acerca de se a falta de material pode facilitar os contagios no ámbito dos profesionais sanitarios, Feijóo respondeu que o material é fundamental porque non contar co adecuado supón "non poder tratar aos pacientes e arriscar" ao persoal do Sergas.

"O PRINCIPAL PROBLEMA QUE TEMOS"

"É o principal problema que temos, empezamos a ter material prepagado, pero hai tensións permanentes", esgrimiu o presidente galego, quen apuntou especialmente á necesidade de batas, pero sobre todo ao test e aos respiradores. Ese material é imprescindible, subliñou, para seguir ampliando as camas da UCI. Con todo, dixo que xa non hai problemas coas máscaras, tras recoñecer que a Xunta ten unha provisión de medio millón delas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ana

Esto non vai de ideoloxias. Pido a todolos galegos que esixamos o peche de Galiza para frear os contaxios (moitos contaxios chegaron de fora) e que o gobernó galego aclare se vai prestar respiradores a Madrid cando aquí temos contaxiados e falecidos por coronavirus e unha poboacion mais envellecida. Galiza non é a colonia de Madrid por moito que alguns galegos, por desgraza, voten a forzas con poder de decisión en Madrid e a vida dun galego vale o mesmo que a dun madrileño.

1 Gamela

As PCR nin están nin se esperan... falan de carallo ! https://twitter.com/00Gamela/status... Pero a cousa ainda vai para largo... ata que suba a marea do CONA-VIRUS !