Contra os bulos na educación: a selectividade será en pleno verán e non se suspenderá o curso

Os exames serán entre o 22 de xuño e o 10 de xullo. As calificacións coñeceranse antes do 17 de xullo. O Ministerio de Eduación asegura que non se suspenderá o actual curso escolar.

Por Raúl Novoa | Santiago de Compostela | 25/03/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Xa se determinaron novas datas para a EBAU. Será entre o 22 de xuño e o 10 de xullo. Así o decretou o Ministerio de Universidades nun comunicado que publicou vía Twitter na súa conta oficial.

Convocatoria extraordinaria das probas de Selectividade . María José López - Europa Press - Arquivo
Convocatoria extraordinaria das probas de Selectividade . María José López - Europa Press - Arquivo

As calificacións, aseguran na mesma publicación, "sairán antes do 17 de xullo". As probas extraordinarias da EBAU realizaranse antes do 10 de setembro, coas calificacións antes do 18 do mesmo mes. "A asignación definitiva das prazas non se podrá realizar antes do 25 de setembro", censuran. 

NON DAN POR FINALIZADO O CURSO 

Pese ás noticias falsas que estaban circulando pola rede, o actual curso escolar non se perderá. "O novo modelo permitirá que ningún alumno ou alumna perda o curso debido as actuais circunstancias e tamén garantiza que o acceso á Universidade se producirá en términos de igualdade e equiedade para todos", explica o Ministerio no mesmo comunicado.

Sobre as 'fake news' o propio Ministerio de Educación pronunciouse na súa conta oficial de Twitter, apelando á "responsabilidade" das persoas para non difundir este tipo de bulos.

OS CONTIDOS DA PROBA

No mesmo comunicado, o Ministerio de Universidades explica que, con este modelo, aseguran a todo o estudantado sacar a nota máxima. "Incluirá todo o temario, mais cada alumno debe seleccionar un número de preguntas por bloque de composición amplia, para garantizar ao 100% que versará sobre contidos nos que traballase", explican.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta