Por David Alonso Cortizo | A Coruña | 07/11/2012 | Actualizada ás 23:46
Este mércores Facenda embargoulle ao Deportivo todos os seus ingresos entre outros os de taquilla, patrocinio e os dereitos audiovisuais.
A débeda recoñecida polo clube da cidade herculina ascende ata os 34 millóns e o clube prepara xa un concurso de acredores.
Pizzi xogador do Deportivo pide calma e avoga por dar un voto de confianza a directiva mentres fala de defender as cores e facer ao seu traballo.
Débedas
Aos de Coruña tócalles vivir o mesmo que en 2008 tocoulles vivir aos seus veciños do Celta de Vigo que acabaron saíndo do concurso de acredores. Equipos como Betis ou Rayo Vallecano compiten con normalidade na primeira división pese a atoparse inmersos no concurso de acredores.
En tempos de crise vese que a Facenda pública esperta e comeza a perseguir aos equipos para que salden as súas débedas co estado. Ben sabido é que o presidente do goberno, Mariano Rajoy, deulle ordes precisas ao ministro Cristobal Montoro para que os clubs de fútbol paguen as súas débedas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.