Instan a Xunta a contratar os médicos residentes de último ano: "Todos seremos necesarios"

O sindicato CESM cre "discriminatoria" a orde do 24 de marzo que limita as funcións dos residentes de último ano pois, segue, "despois de catro ou cinco anos están totalmente capacitados, máxime cando o período regulado finaliza nunhas semanas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2020 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O sindicato CESM instou a Xunta a contratar os médicos residentes de último ano de formación e que non se lles limite a determinadas especialidades como medida para combater o COVID-19.

Nun comunicado, o sindicato médico recorre ao elevado número de contaxios entre os profesionais sanitarios para subliñar a importancia de contar con máis medios humanos.

"Todos seremos necesarios", engade o sindicato, que cre "discriminatoria" a orde do 24 de marzo que limita as funcións dos residentes de último ano pois, segue, "despois de catro ou cinco anos están totalmente capacitados, máxime cando o período regulado finaliza nunhas semanas".

Así, CESC ve "lóxico" que ante a situación de crise sanitaria que atravesa España, o Ministerio de Sanidade dea por concluído o período de formación dos residentes de último ano e expida o título de especialista previo paso á súa contratación como facultativo especialista de área.

Ambulancias en Urxencias dun hospital galego tras trasladar a posibles contaxiados con coronavirus
Ambulancias en Urxencias dun hospital galego tras trasladar a posibles contaxiados con coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta