A Xunta repartiu máscaras aos traballadores do 061 só xusto antes da visita de Feijóo

A Xunta di que o presidente en ningún momento estivo en contacto cos operarios e descarta que fora por temor a contaxiarse. Nese momento, as condicións no centro eran precarias e sen o espazo de distancia recomendado. Tras a visita do presidente galego modificouse o sistema de traballo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/03/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O pasado 18 de marzo, case unha semana despois de que a propia Xunta decretara o estado de alarma sanitario e, un día despois o goberno central, o Estado de Alerta, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou as instalacións que o 061 ten na Estrada, onde ese día se celebrou a reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop).

Empregados na sede da teleoperadora Unisono en Vigo, onde houbo positivos por coronavirus
Empregados na sede da teleoperadora Unisono en Vigo, onde houbo positivos por coronavirus | Fonte: @miguelnuñez

Xusto antes da chegada de Feijóo e da súa comitiva, os traballadores que estaban na quenda dese día recibiron unhas máscaras protectoras. Ata ese momento, traballaran sen elas, e tamén, sen gardar as debidas distancias de seguridade que recomendan os protocolos establecidos polo Goberno central e a propia Xunta, que é de metro e medio de distancia.

Así o confirmaron a GC fontes sindicais que indican que, moitos dos traballadores quedaron gratamente sorprendidos coas máscaras porque, ata ese momento, estaban traballando sen elas. “A maior parte deles levouna para a casa”, din. “Non sabemos se as deron por seguridade ou só porque viña Feijóo e para non contaxialo”, comentan.

Tras a visita do presidente galego, que deu a rolda de prensa desde as instalacións do 061, si se modificaron os protocolos e se estableceron as distancias establecidas, sobre todo, tras coñecerse que traballadores de teleoperadoras de Vigo deran positivo por coronavirus.

FEIJÓO SEN CONTACTO COS TRABALLADORES

Fontes oficiais da Xunta consultadas por GC aclaran que Feijóo en ningún momento estivo en contacto cos traballadores do centro e que se seguiron os protocolos establecidos. “No mesmo momento da declaración de alerta sanitaria polo coronavirus en Galicia, a dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 procedeu a aplicar o plan de continxencia fronte a riscos biolóxicos do 061 para a protección dos traballadores da Central de Coordinación”, indican.

Feijóo o día que deu a rolda de prensa desde as instalacións do 061 en Silleda
Feijóo o día que deu a rolda de prensa desde as instalacións do 061 en Silleda | Fonte: Youtube

“Como todos os plans de continxencia, o plan executouse, progresivamente, en diferentes fases en función da evolución da enfermidade en Galicia. Polo tanto, e tal e como corresponde á primeira fase do plan, o día 18 de marzo procedeuse ao reparto de máscaras cirúrxicas entre o persoal da Central de Coordinación en estrito cumprimento da normativa vixente en prevención de riscos laborais”, engaden desde o 061. É dicir, que o reparto de máscaras nesa primeira fase foi xusto cinco días despois de decretarse o Estado de Alarma, e seis despois de que se decretara o Estado de Alerta Sanitaria.

Con todo, fontes dos traballadores aseguran que ese reparto de máscaras só se fixo ese día e non ningún outro. "Os que a conseguiron ese día marcharon contentos, o resto, ou traballa sen elas ou tivo que conseguilas pola súa conta", din

O 061 insiste que, seguindo coas accións establecidas no plan de continxencia, “e sempre co obxectivo de preservar a seguridade e a saúde dos traballadores”, se foron aplicando, de xeito progresivo, “todas as medidas establecidas segundo a normativa vixente”, entre elas, o establecemento das distancias correspondentes entre postos de traballo, a formación dos traballadores en materia preventiva e o incremento das tarefas de limpeza e desinfección das zonas de traballo.

En todo caso, desde a Xunta xustifican que o persoal que desempeña o seu traballo na Central de Coordinación do 061 dedícase a tarefas de coordinación da demanda sanitaria urxente que se desenvolve exclusivamente por teléfono, “polo que non hai contacto físico cos usuarios”. Con todo, a transmisión do virus, tal e como aconteceu en varios call centers foi entre os propios traballadores e non por contacto con usuarios.

POSIBLES CASOS

Por outra banda, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirma que non recibiu ningunha comunicación do persoal que traballa na Central de Coordinación na que se indique que algún traballador puidese cumprir os criterios clínicos para ser considerado posible portador de coronavirus ou positivo nesta enfermidade. “Este feito, descarta tamén un posible contaxio por coronavirus entre os traballadores”, conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Ana

Se pecharan Madrid dende o principio hoxe a pandemia xa estaba controlada en todo o estado. O centralismo saenos moi caro e esta a demostrar a sua incompetencia nesta crise. E logo están os "falsos solidarios" que ofrecen o que non sobra (respiradores) en Galiza para tapar o dano causado polas políticas neoliberais do PP na sanidade madrileña. ¿Pq enviar respiradores a Madrid e non a Cataluña?. Xa basta de políticos falsos que defenden mais o de fora que o propio.

1 Gamela

Gústame a categoría "falsos solidarios" !!! https://youtu.be/FzHQfc0EDas En canto aos medios de comunicación parece mentira que sigan mantendo Muros de Pago mentras formalizan ERTEs para recoller beneficios (Faro de Vigo, Opinion Coruña...) Seguro que logo sacan algunha campaña solidaria (?) para axudar aos sanitarios !!!

2 anonimo 2

Claro, e que as máscaras eram para proteger-se ele de possíveis contágios, Feijóo tinha medo de contagiar-se!!

1 Gamela

Dez anos despois... a pandemia pasará pero as plagas son eternas ! https://twitter.com/00Gamela/status... Día 12 do Estado de Reclusión Forzosa (eles viven no Monte Pío, na Moncloa, en Galapagar...)