As licenzas para construír vivendas en Galicia baixan case un 2% en 2019

Caen tamén as rehabilitacións e as demolicións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total 2.196 licenzas para construír vivendas en 2019, o que supón un descenso do 1,9% respecto ao ano anterior, segundo os datos que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).

As licenzas concedidas para edificios en nova planta foron 1.670 en 2019, o que se traduce en 29 menos que un ano antes. As rehabilitacións tamén caen, os edificios foron 1.550 (23 menos), mentres as vivendas a crear en rehabilitación foron 448, unha menos que en 2018.

Aínda que os edificios a demoler descenden ata 171, o que supón un 20% menos que un ano antes; no caso de vivendas a demoler hai un repunte ata 288, 30 máis que en 2018.

Edificio de vivendas. Eduardo Parra - Europa Press
Edificio de vivendas. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta